domingo, diciembre 03, 2006

AMERICAN CLUB. Non, non se trata dun club de eses de luces, deses nos que habitualmente parades cando viaxades pola antiga A6, creo que agora AP9. Non, American Club eche unha academia de linguas. Para mais inri, a academia de lingua na que o menda da aulas de espanhol. Manda carallo, co panico que lle tenho eu aos yankis e voume meter en tan patrioteiro lugar. Pero a cousa ten mais aquel. Ainda que na sua porta de entrada podedes atopar unha bandeira de barras e estrelas, se vos achegades ao despache, oju, aja, que ven meus ollos, quen e ese barbado home. Fotos e mais fotos de Fidel Castro, do Che, de Raul. Pero, que carallo ee isto, unha tapadera dos servicios secretos cubanos no Imperio Xapones? Quen ten tanto apego polo xa maduro de mais Fidel Castro? Non me atrevo a perguntar non vaia ser que meta a zoca e me boten a rua. Por agora eche fonte de ingreso e pese a que a calidade no e moita cousa e a que tenho que ir ben vestido, ai me podedes encontrar dous ou tres dias por semana. Entre fideles e guasintones.

5 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Ola meu primiño!!
Non t acostumbres moito a eses lares, q por aquí xa temos ganas de t ver. Xa vemos q estás superatarefado, apenas desixas horas libres, xa logo vas parecer un Brenlla...
Un detallazo o do selo co Pauliño, o q estamos a fardar con iso
Bicos e saúdos desde este rinconciño

10:53 a. m.  
Anonymous Santi Moroño said...

Que tal Iago? A ver cando escribes máis información no blog, que está moi interesante! Son Santi o fillo de Anuncio. Foi teu pai, que estivo por acó na asemblea nacional do BNG, o que me deu enderezo do teu blog. Menuda aventura!
Non sabía que eras un arroutado da bici, e alégrome moito.
Propóñoche unha cousa: por que non te sumas un día á masa crítica de Osaka ou Kyoto... non sei exactamente por onde andas - pero dá a impresión que lle dás voltas a toda a illa na túa bici con moita facilidade - Xapón que é, como a illa da Toxa?? ;-))) Xúntoche unhas páxinas da masa crítica, para que poidas ver se hai algunha interesante por aí. A maior parte están en xaponés, así que ti poderás coñecer se están en activo, ou como andan. Se cadra -e polo que contas- @s ciclousiari@s non precisan reivindicar, celebrar, coincidir... polo nível normalización que hai na bici?

En fin, que a proposta é que fagas unha das túas crónicas no blog dalgunha masa crítica, ou de como vai iso por aí, e poñémolo na lista de correo dos ciclousiarios galegos.

critical-mass.info
www.youtube.com/watch?v=m7pYhnjYfhM
www.bicis.info

Unha aperta, que segas a pasalo tan interesante, ... e que nolo sigas contando.
Santi

12:46 p. m.  
Blogger paideleo said...

Hai que vivir de algo, non ?.
Precioso o outono no Xapon.
Puxen unha ligazon para o teu blogo no meu.
Un saudo e a desfrutar.

3:59 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

FELIZ NADAL RAPAZ E BO ANINOVO
DA PARTE DE TODO O CARREFOUR
E DE MANTEMENTO EN ESPECIAL

7:32 p. m.  
Blogger paideleo said...

Bo Nadal dende a terriña.

11:40 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home