domingo, noviembre 19, 2006


OBENTO. Hoxe vai de comidas, e no mais alto do caixon e non por calidade senon por utilidade esta o Obento. Estas caixinhas estanme a salvar a vida aqui en Xapon. Alguns xa saberan da minha preguiza gastronomica e a minha pericia e virtudes aa hora da coquinaria. O obento e a minha comida diaria, como o colacao. Tratase dunha caixa de madeira ou de plastico segundo a calidade, e con diversos produtos xaponeses (normalmente acaban con lixo. Iso de non saber o que estas a comer...yuyuyuyu) xunto co correspondente arroz, spaguettis, carne, peixe ou legumes. O prezo varia moito. Os mellores andan ala polos 700 ens e logo o normal eche 400 ou 500 ens, que e o que venden nos abundantisimos combini (24horas, tan numerosos como os nosos super). Pero se buscades ben podedes atopar un obento por uns miserables 250 ens (1.80 euros) e asegurovos que a calidade non e tan baixa como o prezo. Deus salve a vida ao おべんと

2 Comments:

Anonymous Montse said...

cando volvas a casa xa vexo a Gloriña facendo tortilla, caldo galego, patacas fritidas con ovos (das galiñas da avoa), ...
Bicos

1:47 p. m.  
Blogger delokos said...

Pois non ten mala pinta...

7:13 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home