viernes, octubre 13, 2006


NON É O VATICANO PERO... E diredes vós, de onde sacan os cartos para tanto ouro? Pois a cantidade de diñeiro que se levantan os monxes cos templos budistas e sintoistas non ten nada que envexar á igrexa católica. Templos ateigados con prezos de entre dous e catro euros. Devotos domingueros dando moedas a eito en cada chorrada que ven, donativos... Vamos, o negocio xa estaba inventado pero parece que vai seguir no futuro. Para que logo digan que o budismo é antimaterialista e que é a mellor relixión e blablabla. En todos os sitios fabas verdes.

1 Comments:

Anonymous makeijan said...

Eu estiven en China hai pouco, e puiden comprobar algo semellante, co Taoismo. É curioso ver dende fora a imaxe que nos achegan as distintas relixións, pero ninguén vive do aire.

A ver se o Richard Gere, anda por aí vestido cun farrapo, e comendo herbas...

Por certo, noraboa polo teu blog.Tamén o leo dende hai un tempo, aínda que non se note.

10:06 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home