domingo, octubre 01, 2006



EXPORANDO (expoland). Expolandia é un dos parques de atraccións da rexión de Kansai, a meio camiño entre Kyoto e Osaka. O nome débese a que foi creado no recinto que ocupou en 1970 a Expo de Osaka e desde ese ano foi crecendo como un dos mellores e baratos parques de Xapón. Sen dúbida a montaña rusa invertida "Orochi" (nome dun dragón) é a máis famosa atracción pero non por iso a mellor. Despois de subir en todo canto haber, tiovivos e tobogáns incluído. Despois de rirme na casa do terror a costa dos inocentes xaponeses, de ter pasado un frio incríbel na casa do xeo, de subir e norias e montañas rusas de dimensións xigantescas, dicía, despois de todo isto o único que sinto é unha sensación no corpo de incomodidade, co estomago a bulir e sen saber se queres vomitar, cagar, ou voltar a montar. A verdade é que os seres humanos somos do máis particulares, pois sabendo o medo e mesmo padecemento que provocan estas diversións de feria, a nosa actitude sadomasoquista impúlsanos a subir unha vez máis e transformar o medo e as forzas gravitatorias en pracer. Eu polo menos así o fixen e xa podo morrer sen ter que visitar ningún outro tipo de parque de este tipo. Na foto podedes ver o páxaro multicolor, un dos restos da Expo do 70 e as vistas desda a noria.