domingo, octubre 01, 2006




CEMITERIO DE BICICLETAS. Xa saberedes que en Xapón o meio de transporte máis utilizado é a bicicleta. O motivo: a falta de espazo e o ateigamente das estradas. Tamén influe o prezo da gasolina (máis ou menos igual que en España), o costo dos parkins -hai que ter en conta que aquí está prohibido aparcar nas rúas- e supoño que tamén o excelente servizo do transporte ferroviario. Pois ben, xa desde que cheguei aquí chamoume a atención a cantidade de bicicletas abandonadas que hai na cidade. En calquer recuncho podedes atopar estas bicis e algunhas en perfecto estado coa salvedade dunha roda picada ou un radio roto. O por que de este abandono masivo dos prácticos velocípedos soubenno hai ben pouco, cando piquei unha roda e fun pra unha tenda facer a reparación. Prezo da colocación dun parche no pneumático: 3000 iens (24 euros). Evidentemente regresei a pé a miña casa, comprei nun todo a cen un quit de parches e solucionei por min mesmo o problema en apenas vinte minutos. Así explico o por qué de tantos abandonos, sae máis barato comprar unha bici nova (custan arredor dos 40 ou 50 euros) que facer unha mísera reparación. Eu, como fillo do meu pai, xa teño catro bicicletas no parquin da miña casa, e iniciei unha pequena colección coas orixinais bicis que por aqui se gastan. Tan fácil como dar un paseo e ir recollendo algunha das que hai por aí ciscadas. (na foto podedes ver un camíon que se adica a recoller as bicis estragadas no meu bairro. Se observades ben veredes que case todas están novas e apenas teñen algun desperfeito. Despilfarro capitalista).