martes, octubre 31, 2006


A mona colgada en Xapon, e nunca mellor dita (que cada quen entenda o que queira).

CONTRASTE. "COGIRLS" pasando ao lado dun "austero" budista. O mundo dos contrastes. O simbolo maximo do consumismo xapones e quizais mundial (a muller xaponesa) xunto a austeridade que supon o budismo. Por suposto esa austeridade xa non existe e Xapon non vos e Birmania. Aqui os monxes viaxan en moto bemeuve ou en toyota grancalibre para facerse notar e quizais acadar a iluminacion do dolar.






ESTAMOS XENEROSOS E HOXE O DAMOS TODO. Se non tivechedes sorte coa proba de mais abaixo, premio de perrito piloto para quen saiba que "segredo" esconden as seguintes figuras budistas. Algo se oculta e cando o "rio suena...". A cousa eche impresion minha porque ninguen se fixou nisto asi que ainda estou a pensar se a minha mente e realmente depravada ou tenho boa ollada para a arte.

PREMIO PARA QUEN SAIBA QUE "COMIDA" E A DA FOTO.

CARTEIRA. A foto non teria nada de particular. A tipica carteira xaponesa para os rapaces ir a escola. Herdada do exercito holandes e feita de coiro, hai xa decenas de anos que a rapazada xaponesa a usa para levar os libros. O conto non teria mais historia se non fora polo prezo. 40000 iens pa riba, e dicir, 300 eurazos par un neno levar os libros. Delictivo, nen que fosen a Guerra do Golfo..


CONTADORES. Moi sofisticado eche Xapon pero ainda utilizan o abaco para facer as contas. Os das fotos son persoas contratadas polo governo e que se adican a contar. Contar coches, contar camions, motos, bicicletas, contar persoas, cans, cadelas, vacas marelas ou zepelins. A cantidade de botons que tenhen esas mesas de contaxe serve para catalogar o artefacto o individuo que pasa por un determinado lugar. Asi, cando pasei eu coa bici por delante deles sacandolles a foto deberon premer o boton: Gaijin (estranxeiro) tocapelotas pero terribelmente atratcivo e cunha longa longa...

martes, octubre 24, 2006




PROCESIONS. Xa acabaron as procesions en Kyoto. Estas foron as ultimas. kyoto debe ser como en espanha un valladolid ou algo asi, todo curas e relixion. Tratabase dunha aburridisima festa na que unhas 2000 persoas, vestidas con roupas e apeiros do pasado, pasean polas ruas unhas oito horinhas. Despois de duas horas continuas, o unico que puidemos comprobar e que estar na mesma posicion sen moverse fastidia bastante as costas e tamen corroboramos que xapon eche ben conservador, pois as roupas da era edo son case iguais que as da era meiji e tamen iguais as dos seculos VII ou VIII. 1000 anos sen cambiar os gayumbos son moitos anos de dios.
Nas fotos incluo duas procesions, unha no rio, breve e mais bonita, con ceremonia incluida na que unha parente do emperador, despois de purificarse durante 3 anos (o que faria para ensuciarse durante tanto tempo. pecadora!) regresa a vida normal.


CASA DE INVITADOS (na foto tedes o muro da casa de invitados do pazo imperial de Kyoto. Eu perguntome, se a casa de invitados e asi, como sera a do emperador?).
Do poder dos monarcas europeos xa sabiamos todos, pero os de aqui tamen non as gastaban chicas. Pedazo pazos. O de Kyoto foi o ultimo en construirse, hai uns 150 anos recuperaronno para que o emperador fora de paseo. Ten 1.5 x 1 km asi que desde calquer lugar alto distinguese porque parece un xigantesco campo de futbol, como o de oliver e benji. Dentro deste agora parque atopamos esta casa de invitados xunto a do emperador. Penso eu, como chame a porta un correo comercial e te pille no outro extremo facendo a colada vas cagarte na publicidade e en non ter comprado un pastor aleman.



OTAKUS. Non sei exactamente o que significa este termo tan difundido. Suponho que o podemos estender e incluir a calquer persoa fanatica de algo, do manga, dos ordenadores, das cogirls ou dos callos madrilenhos. Aqui en xapon, dos tres primeiros grupos haivos a cascoporro, lexions deles dispostos a morre por o ultimo numero de manga ou por unha foto co seu idolo ("idols" en xapon e calquer persoa de entre 16 e 70 anos vestidas para matar, maquillaxe plastificador, palabras escasas, sorriso profident e que habitualmente fan que cantan ou algo asi, pero calquer parecido co arte da musica e mera coincidencia. A cousa e que cada vez que asoma un destes idolos na television as adolescentes entran en ataque epilectico, correndo como unha galinha sen cabeza, bobamente, amosando a sua mais que fertil estulticia e berrando gratuitamente palabras que o receptor xamais contestara). Cagho no multimedia).
Buf, que me vou. Unha paixon que hai en xapon e que non ves na nosa terra e a das camaras fotografica. Cacho camaras que se gastan, con zooms deses que che miran ata os acaros da epiderme. Calquer actuacion publica na que haxa rapazas, ali tes a unha masa excitada de homes (sempre homes, por que non hai homes fotografos?) xogando cos seus xoguetes de todas as tallas (mobiles tamen valen) e sacando fotos de calquer chiquilla en plan sesion pornografica. Eloxio pederastico.
As ultimas semanas foron tan tranquilas, de recollemento e estudo que non sei que me da escribir no blog. A vida cambioume moito en Kyoto e agora as clases son duras asi que todos os dias tres ou catro horas de estudo, a parte das horas de clase, non mas quita ninguen. A pesar deste esforzo semella que o xapones non avanza e todo isto debo agradecerllo aos kanjis (esas letras de orixe chines tan bonitas pero tan dificeis). Cago nos kanjis e en San Francisco Xavier, que levou de todo para xapon pero esqueceu traer a idea da economia linguistica e o alfabeto latino. Aiii, se os tivesemos colonizado e "civilizado" como a outros (hahaha, que malo son).

lunes, octubre 16, 2006

ESCOCEMOS A PANDEIRADA ESCOMECEMOS A FESTA XA. Para os poucos que me len, pedir desculpas pola longa ausencia, pero ete que agora estou definitivamente sen ordenador e andoo facendo como podo. Moitas historias que contar pero non tenho moito para iso. Comezarei polo mais salientabel.

O mais salientabel destas ultimas semanas, a parte dos meus fracasos sentimentais, foi a visita que tiven dun merodeador nocturno que acechaba desde terras pucelanas. O rapaz leuo meu blog e como vai ir estudar a Tokyo veu facer unha visita. Que sorpresa me levei, pensando que ia encontrar un frikazo do manga e tal, e atopome cun rapaz berciano, de Bembibre, que fala un galego que xa alguns quixeran e que responde ao nome de Blas (un saudo desde aqui). O gambitero resultou ser unha xoia de home, divertido e que non se corta un pelo a hora de entrar sen pagar e profanar templos budistas. Estos ateos do carallo, a cona que os botou (frase que lle encanta a blas). Visitamos alguns dos famosos lugares da cidade, como os que podedes ver mais abaixo.


KINKAKUJI OU O PABELLON DE OURO. Ademais da sua maxestuosidade engadese o mito de Yukio Mishima. O escritor xapones, despois de estudar con profundidade psicoloxica a personalidade do monxe que nun arrebato piromano queimou en 1950 o templo, realizou quizais a sua obra mais famosa relatando o suceso que ai acontecera.
Para min, as obras de Mishima non merecen moito interes, se cadra non souben apreciar tanta profundidade, cheganme a aburrir, pero o tipo, premio nobel, eche famoso por polemico e morboso. A xenialidade vai unida a loucura e este fenomeno creo que andaba sobrado da segunda que da primeira. as suas radicais, ultranacionalistas e conservadoras ideas politicas tiveron fin cando nunha rolda de prensa colleu e fixose o seppuku (iso tan indoloro de meterse unha espada toledana ou de arbasete pola barriga e logo movela de abaixo a arriba). Cacho animal. Disque ningue sabe se foi arrebato ou planificacion, ou quizais a farinha que estaba mal cortada.


FONTE DOS TRES CANOS. Tres chorros de auga hai en Kyomizudera. O da esquerda da intelixencia, o do centro prosperidade economica e social e por ultimo o da dereira unha larga cola, de esas que non te deixan saltar a valla, vamos, un senhor po...n. (en realidade proporciona unha longa vida, pero eche igual). Pois o caso evos que por outros 200 iens podes beber a auga (previa desinfectacion e esterilizacion do vaso cun moderno sistema de raios ultravioleta, a canha) pero, ollo! se bebes dos tres, por avaro, os efectos neutralizanse. Asi llo fixen saber ao artista de Flapi, espanhol ultraconhecido polo seu blog e verborrea na zona de Kansai e que nos comentou que si, que el bebeu dos tres e que si e verdade que os efectos neutralizanse, porque ainda a ten pequena.

Kiyomizudera. 300 iens que si merecen a pena para visitar un dos templos mais famosos de Kyoto. En outono e primavera as cores transforman o templo nun xardin apolineo desde o que divisar Kyoto.

viernes, octubre 13, 2006



XARDIN DE AREA? Pero toda esa xente tan concentrada que está a ollar? É o Betis-Sevilla, será o derbi madrileño, unha stripear?, non non non, un demo me coma, quince pedras que en realidade son catorce e que forman un "xardin" de pedras e area. Para min un xardin budista destes non di nada, está morto e para relaxarme prefiro estar eu so, na verdadeira natureza, vendo unha árbor, as ondas do mar ou escoitando chillout, pero que me vendan que un "xardin" sen vida ningunha, con catro pedras ao chou pode ser o camiño á virtude que te leve ao orgásmico nirvano. Vamos! Pois alí tedes a xaponeses e foráneos en masa, centos para ver xuntos o misterio das quince pedras. O único que che fai pensar este xardín é se realmente mereceu pagar os 500 iens da entrada. Facedevos un favor e aforrade os cartos ou dádellos a un necesitado, así sí que alcanzaredes a virtude.

NON É O VATICANO PERO... E diredes vós, de onde sacan os cartos para tanto ouro? Pois a cantidade de diñeiro que se levantan os monxes cos templos budistas e sintoistas non ten nada que envexar á igrexa católica. Templos ateigados con prezos de entre dous e catro euros. Devotos domingueros dando moedas a eito en cada chorrada que ven, donativos... Vamos, o negocio xa estaba inventado pero parece que vai seguir no futuro. Para que logo digan que o budismo é antimaterialista e que é a mellor relixión e blablabla. En todos os sitios fabas verdes.

OS CORVOS DE XALLAS (que diría Pondal). Di a lenda que os corvos que pupulan por Galiza son os cabaleiros da taboa redonda e Artur esperando a que a séptima e derradeira idade da humanidade chegue e con ela, estes corvos podan transmigrarse á sua figura antiga de cabaleiro levando a nosa civilización cara a virtude e suprimindo o pecado. Boa falta que facía pero creo que os corvos xaponeses pasan destas andromenas.

BAMBÚ. En xapones "take". Famoso por estes lares e aínda que xa non hai osos pandas praa comelos todavía podemos atopar moitos bosques desta máis que resistente e flexíbel árbore. A parte de comelo cando é pequeno, os xaponeses utilizan a súa madeira para facer paos dela e mesmo o colocan como andamiaxe na construción de edificios.

HEIAN YINGU, O TORI MAIS GRANDE DE KYOTO

DE COMO A POLICIA TRABALLA. En Xapon, por moi pequeno que sexa o delicto ou accidente, aí tes a uns cantos polis investigando o caso como se de CSI se tratara. Xa me dirás ti se che rouban unha bici en España o que vai pesquisar a madera. Aquí é diferente, os polis cumplen e andan revisando as matrículas das bicis por se soa a frauta e hai algunha roubada. Un aplauso para eles pero que tampouco miren moito porque sei de algún -o menda- que gasta un par delas ufanadas.

INUTIL OU SEN GASOLINA

domingo, octubre 01, 2006




INCENDIOS. Algo que chamou a atención este verán foi que en Xapón, habendo tantas árbores, sendo un país tan montañoso e de difícil acceso, estando as florestas sen explotar, e facendo tanto calor, como é que fan para non ter incendios forestais. Galiza ardeu como sempre (Asturias curiosamente non arde tanto e a súa orografía aínda é pior) e aquí o lume so existe nas grellas dos chourizos parrilleros. O bosque de Xapón é tremendo, fechado, vizoso, barrocamente poboado de infinitas especies de árbores que crean no seu interior unha humidade permanente, verán e inverno. Ese é o verdadeiro segredo dun bo cortalumes. Árbores autóctonas que evitan a propagación do lume e son difíceis de queimar. A natureze é sabia e esperemos que os novos técnicos da Xunta cambien definitivamente a súa política forestal e aposten polo futuro voltando plantar carballeiras, soutos, e demais árbores da Galiza.


PARQUE DE ATRACCIóNS? Si, sabemos que os xapos traballan moito, que non teñen tempo, pero porse a dormir nun parque de atraccións despois de ter pagado relixiosamene os 23 euros da entrada pareceme xa un exceso. Hai xente que entra só para pasear, tomar un cafe, comer un xelado e ver as caras amarelas e mareadas da xente. Hai moito desfile en Xapón por parte da rapazada e calquer lugar é bo para mostrarse. Rematado o día de emocións volta a casa no tren con sobada incluída. (hai que ver como lles gusta dormir).


PARA QUE SE QUITA A XENTE OS ZAPATOS ANTES DE SUBIR NA ATRACCIÓN? :
A) Porque vai moita calor e hai que ventilar.
B) Como nas casas xaponesas, non se pode manchar o chan.
C) Para non perdelos
D) Porque facilita a circulación do sangue.
E) Non hai motivo, son as normas e "se acabó".
A resposta máis abaixo aínda que se vedes as fotos xa entenderedes o porqué. Ao que acerte premio dun perrito piloto.



PARA NON PERDELOS. E é que a montaña rusa invertida non ten outro apelativo que o de animalada. Xa na entrada prohiben a entrada a maiores de 60 anos, persoas con problemas cardiacos, tensión baixa, xente que durmiu pouco a noite anterior, que non comeu ou que comeu de máis, xente baixo os efectos do alcool, etc, vamos, que a pouco máis e che fan unha proba de ADN e te cachean o corpo en plan aeroporto yanki, exploración da ojarasca incluída. Unha vez dentro, esperar e voar. Recomendo subir como mínimo dúas veces para vivilo con máis "tranquilidade"


FOTOS DE EXPOLAND.



Máis fotos de expoland. Nalgunhas das atraccións, de tantas voltas que dabas vin chover por primeira vez diñeiro. Os bolsos e petos amplios son contraproducentes neste tipo de eventos.


EXPORANDO (expoland). Expolandia é un dos parques de atraccións da rexión de Kansai, a meio camiño entre Kyoto e Osaka. O nome débese a que foi creado no recinto que ocupou en 1970 a Expo de Osaka e desde ese ano foi crecendo como un dos mellores e baratos parques de Xapón. Sen dúbida a montaña rusa invertida "Orochi" (nome dun dragón) é a máis famosa atracción pero non por iso a mellor. Despois de subir en todo canto haber, tiovivos e tobogáns incluído. Despois de rirme na casa do terror a costa dos inocentes xaponeses, de ter pasado un frio incríbel na casa do xeo, de subir e norias e montañas rusas de dimensións xigantescas, dicía, despois de todo isto o único que sinto é unha sensación no corpo de incomodidade, co estomago a bulir e sen saber se queres vomitar, cagar, ou voltar a montar. A verdade é que os seres humanos somos do máis particulares, pois sabendo o medo e mesmo padecemento que provocan estas diversións de feria, a nosa actitude sadomasoquista impúlsanos a subir unha vez máis e transformar o medo e as forzas gravitatorias en pracer. Eu polo menos así o fixen e xa podo morrer sen ter que visitar ningún outro tipo de parque de este tipo. Na foto podedes ver o páxaro multicolor, un dos restos da Expo do 70 e as vistas desda a noria.