miércoles, septiembre 20, 2006



SOBRE O TAMAÑO DOS XAPONESES. Sempre se falou na Europa sobre a pequeñez das xentes asiaticas, sobre se a súa estatura é baixa, sobre o tamaño dos seus membros corporais, etc etc etc. Pois ben, a verdade é que máis baixo que os españois si que son pero pouco máis. A introdución da cultura occidental con a nosa alimentación a base de hormonas e carne e máis carne de dubidosa procedencia fan que as novas xeracións de xaponeses desen un estirón dos grandes. Macdonardo todo o pode, e é que, por exemplo, na miña cidade da Coruña mentres hai dúas sucursais deste infecto restaurante en Kyoto a cantidade debe rondar as 100 ou 150, unha animalada. E a cousa é que están todo o día cheos, desde as seis da mañá, cando a xente vai almorzar a súa hamburguesa con café, até as dez ou once, que é cando fechan. Desde logo que é a alimentación a que construe o físico do país e tamén en parte a súa idiosincrasia. Nas fotos tedes as fotos da man dunha amiga que ten 23 anos pero a man como a dun neno de seis anos. Hai aínda xente que non se decantou polo fast food e segue dándolle ao mollo do solla e ao arroz. Que nos aproveite.