viernes, septiembre 22, 2006



SINATURAS. Unha das cousas que pode definir a xente é a sinatura. De feito existe unha disciplina pseudocientífica que se adica ao seu estudo e á descripción psicolóxica do individuo segundo o tipo de firma que faga e tendo en conta parámetros de dubidosa credibilidade. Pois ben, en Xapón acabouselle o chollo a falsificadores e investigadores policiais. As sinaturas en Xapón, en lugar de seren feitas con lapiz, boligrafo ou pruma, fanse cun selo especial que cada individuo elixe como proprio e intransferíbel. Normalmente trátase dun kanji (letra china) que estaría incluído no apelido, pero supoño que no selo podes poñer o que te saia do grelo (xa os haberá por aí con figuras do kamasutra ou o logo de telepizza). O que non teño moi claro é que a súa falsificación é tan doada como ir a unha tenda especializada na venta de estes selos e pedir que che fagan un igual como o do paisano que máis odies, a ver se lle podes amargar a vida (Os selos son como os aneis que antigamente utilizaba a nobreza europea, que ante o seu analfabetismo collía o selo, un pouco de cera usualmente de cor vermello, e asinaban: 伽 Juan 17.3, archiduque de Mataconejos e princesa de Gomorra).