sábado, septiembre 16, 2006


QUE PÁ QUE PÁ QUE PASA?. Parece que os típicos tópicos laborais repitense alá onde vaias no mundo. Que os operarios da construción e os camioneiros son tipos duros e de poucas palabras cariñosas; que os taxistas son de todo menos legais; os futbolistas son mulleriegos e de ter amiga, xente pouco seria; e os floristeiros e perruqueiros son dos que lle dan ao pelo e á lá, si, dos que se te despistas un pouco deixante os baixos como a bandeira de xapón, branca e cun ponto vermello no meio. Nada hai de mao nisto e a verdade é que pouco a pouco a homosexualidade está sendo cada vez mellor aceptada pola mentalidade conservadora das sociedades. Na España parece que xa está case superado, só faltan antidiluvianas cacholas por conquistar, aínda que no do lesbianismo exista algo de escuridade. Outra cousa échevos Xapón. Sociedade de por sempre máis que conservadora e que mantén as tradicións con fervor opusdeiano. O mao é que na maior parte dos casos, as tradicións non é que sexan moi avanzadas e cunhas ideias discriminatorias para a maior parte da sociedade. Non teño moi claro o nível democrático deste país. Joé como me subo polas ramas. Mira que tento non falar de política nen de socioloxía neste blog pero é imposíbel substraerse. O conservadurismo e arcaico sistema de vida dos xaponeses tocame moito o eixo pero en fin; dicía que o dos gais aquí aínda non está moi admitido, na televisión parece que pouco a pouco vaise intentando dar unha imaxe de normalidade, aínda que ás veces, como na nosa terra, se caía na risión e na comedia. Para o conto, a figura que podedes atopar na porta de case todas as perruquerías de Xapón. LLongueras ao poder.