sábado, septiembre 16, 2006



QUE FACER EN CASO DE TERREMOTO. Saberedes ben que Xapón é terra de movimentos sísmicos. A xente de aquí xa está entrenada desde pequena. No colexio reciben clases de como actuar no caso de terremoto, onde esconderse e como evitar o saqueo postcaos. O primeiro que hai que facer é, sabedores de que a xente cando ocorre algunha inesperada continxencia cae nun estado de estulticia e de ansiedade incontrolábel, dicía, que o primeiro e soltar mangurrianas ali por onde vaias, para que a xente entre en razón, e se están tranquilos tamén, unha tollina nunca vén mal para acordar a mente. Logo, no caso de que xogues fóra de casa, tes este tipos de mapa de fácil comprensión e que axudarán máis se cabe a que cunda o caos e o desenfreno catártico. Eu o imaxino en plan orxía baquiana, veña todos a chufar, reducidos nun espazo máis que insuficiente e sen a suficiente personalidade para decidir o que hai que facer (os xaponeses sempre careceron disto). Debe ser tremendo e ademáis estes individuos non teñen Camiño de Santiago e Compostelana para librarse do Armaggedon. Homiños.