jueves, septiembre 07, 2006




PARQUE ESPAÑA. Fai un mes ou asim, debido ás saudades que tiña da miña terra decidín facer pequena viaxe a un parque de atraccións que ten como motivo o noso pais, nación, pseudonación, grande comunidade, estado, eurorexión, ou o que sexa. O Parque España hai que precoñecer que está ben montado, con predominancia, como non, de paellas, paelleras, toureiros, flamencos e sevillanas, pero hai oco tamén para o camiño de Santiago, para un cabazo doado pola Xunta de Galicia ou para un zoqueiro (eu). Pasar tamén paseino ben, sorprendeume o tablao de flamenco, feito por unha compañia española na que debe ser "conditio sine qua" ser gay para ingresar nela. Iso si, moi divertido, moderno á par que folclórico. Recoñezo que me gustou ese flamenco. A parte tiven a oportunidade de montar por primeira vez nun tiovivo e subir a todo tipo de montañas rusas. Nas fotos tedes o Castelo de San Antón da Coruña (non é pero parece) e o Castelo de Xabier en Navarra (este si que era réplica, xa sabedes que foi San Francisco Xabier o primeiro xesuita en "civilizar" aos comearroces. Gran traballo o seu).