lunes, septiembre 04, 2006


Miñas donas e meus señores. Xa vos había ben de tempo que non escrebía neste meu diario. A razón, o motivo, a causa: un problema sexual (que non me saía dos guevos, e perdoade a grosería). Asi que retomándomos o tema por onde o deixara, dicir que son bastantes as correrías que fixen desde entón: visita a Osaka, tres dias en Okayama, visita a un acuarium, viaxes en bici a diversas montañas, visita a un parque de atraccións, subida a rañaceos, etc etc. Son moitas as experiencias e pouco o tempo asi que ali vai todo do tirón. Ah, por certo, cabronazos, que isto do blog non é tan sinxelo como falar e xa está todo escrito, e as fotos colocadas. Non non, meus señores, isto levate un par de horiñas e xa sabedes da miña endogámica preguiza asi que, para os que falan, para os que comentan, "que, que xa vai moito tempo que non actualizas...!", para eses, os saudos das miñas partes (contodocariño e senfaltar), xa sabedes que teño morriña de todos e cada un dos que estades pola nosa terra. Un abrazo e ala vou.