jueves, septiembre 28, 2006



MAIS SOBRE AMANO-HASHIDATE. OS PROTAGONISTAS. Xa comentei máis abaixo que esta foi a mellor viaxe. Non foi nen polo lugar, nen polas baixas temperaturas nen por ningunha cuestión material. Foi pola amizade, pola compañía. A compañía de alguén co que comentar as xogadas de moviola é vital para ver un bo partido de fútbol, igual ocorre nas viaxes. A cantidade de trasnadas que fixemos non teñen comentario e sen alguén co que compartir as risas as anécdotas non teñen graza e non hai ninguén para recordalas. O meu amigo sueco é home frío, de palabras xustas pero amábeis. O rapaz ten cara de anxo ou mormón ou algo así, e a verdade é que é bastante conservador para vir de suecia pero o aburrimento da vida nipona fan que as ganas de troular crezcan máis que as accions de fadesa ou endesa. E alí nos fomos, pouca equipaxe e dispostos a comer quilómetros esfameados como somalís. Cando chegamos ao mar disfrutamos por primeira vez dun baño nas augas do Mar de Xapón (ou Korea) e fitamos apanpados a beleza das ariscas costas niponas. O pior da viaxe foi sen dúbida a noite. Ataviados só das nosas roupas de deporte e uns míseros guantes, acubillándonos nesas cabañas que había na praia (na foto) e protexéndonos da humidade e frieza da noite cunhas bolsas de gadis, a noite fixose eterna, voltas e máis voltas co barullo que meten as consabidas bolsas, buf, que tormento. Ao final tres horiñas xustas de sono, ver sair o sol correndo de aqui para alá debido ao frio e outra vez para a carretera. Agora con destino a Kyoto percorrendo toda a costa e subindo as montañas do norte desta prefectura. No meio parada nun super para recobrar enerxías derrochadas, siesta española nun banco do super e para casa.

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Hola meu primo!
Pois xa q te andas a codear con chineses aproveita para aprender unhas nocións mínimas e logo faimas saber, q este ano teño unha nena chinesa na clase e non tén nin papa de español, así q te podes imaxinar q ben o pasamos...

4:41 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Hola meu primo!
Pois xa q te andas a codear con chineses aproveita para aprender unhas nocións mínimas e logo faimas saber, q este ano teño unha nena chinesa na clase e non tén nin papa de español, así q te podes imaxinar q ben o pasamos...

4:46 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home