lunes, septiembre 04, 2006




KYOTO CANSA E OSAKA FEDE. Tanta "otera" e "Jinja" cansan. Un fica farto de ver tantos templos e máis templos asi que decidin dar unha volta por Osaka aproveitando a miña visita ao Acuarium desa mesma cidade. En Osaka puiden comprobar o canto diferente é de Kyoto. Non só pola arquitectura (cidade moderna, chea de rañaceos e de construcións imposíbeis -entre outras foi esceario de Blade Runner-) senón tamén polas xentes e a súa particular ideia da beleza. Pois, deixandomos a xente a un lado (capítulo extenso a parte) ali fun eu ao bairro koreano de Osaka, atopándome cun Xapón ancorado nos anos setenta, cheo de lixo e merda por todos lados, un Xapón descoñecido para o turista (non vin por ali a ningun estranxeiro) e que a min particularmente encantoume. Iso de ver que non todo é perfección, o peixe posto a venda e tirado polo chan, as ruas suxas, augas fétidas en todas as esquinas, o metro pasando a escasos 10 metros por riba das nosas cabezas, os cheiros das especias e das máis que estrañas comidas de xaponeses e koreanos. Todo iso e moito máis o tedes alí. Para futuros paseantes lugar máis que recomendabel se queredes fuxir do mundo "pastel" que aparece nas guias de viaxe. Por certo, o Aquarium, a parte de ser o máis grande do mundo, non vos está nada mal.