viernes, septiembre 22, 2006


KORE WA NANIII?? Ou en cristiá, "que caral.. é isto?".
É dos meus amigos coñecida a miña ansia viaxeira e aventureira. Sempre que podo collo a bici e ala, a facer quilometros onde me leven as pernas.
Pois resultou que o outro día ía eu dandolle candela cando atopome no meu camiño dous xaponeses con sendas bicicletas do máis caro que hai no mercado. Falamos un pouco, deonde ves, de quen ves sendo e a onde vas. Eu dixen que ía coller a carretera de Fisterra, para Carballo, Coristanco e se dá tempo subo Agualada. Homeee, respostaron eles, iso está moi visto xa, ven con nós que te mostramos unha nova ruta (a lectura erótico festiva da aventura tamén é posíbel, pero iso deixamolo para mentes libidinosas e impuras, quedémonos nós coa nosa suposta inocencia). Os tipos tiñan pinta regulera, moita bici pero unha cara de Mark Lenders (o futbolista de Oliver Benji, mistura de cigano, xaponés e yakuza repartetollinas). Dicía que a pesar das suas pintas reguleras alá me fun eu, que ole meus coll... de aventura, pimpampimpampimpam. Xa as pernas comezaban a fallar, duras como pedras, aceiro para os barcos, pero seguiamos aí, dandolle duro até que nun cruce pararon e dixeron que ate aqui chegamos, que nós estamos ate o níscalo de que nos rompas o ritmo e apretes nas subidas, que para competir xa temos o tour de francia. Bueno bueno, que non corra o sangue. Os tipos seguiron para as suas casas, que desafortunadamente non quedaban perto de Kyoto senón a uns 40 km., e a min agora quedabame voltar, ardua tarefa se temos en conta que aquí as estradas son infinitas, estreitas, comarcais por todos os lados, inzadas de cruces sen sinalizar, vamos, a caña de españa se non tes un plano 1.25000 a man. É curioso que nun país cunha tecnoloxía tan avanzada as estradas aínda estexan como na Galiza dos noventa, sen arcéns no país da bicicleta, sen beirarúas nun país demográficamente superpoboado (será que sobra xente ou será cousa da privatización do estado). Regresar foi unha tortura, alá onde via algun paisaniño, alá ía eu perguntar, armándome de valor porque a amigabilidade das xentes xaponesas non é que vaia moi alá, e a comprensión de planos ou de localizacións xeográficas é absolutamente nula. Un quilometro en Xapón é como alí cinco ou seis, co cal fixen quilometros gratuitos a punta pala, acabando o día con 140 nas pernas e a ideia de que os xaponeses cando respostan algo, aínda que serios, son máis falsos que un duro de seis pesetas. Cajo na economia mundial. (na foto eu ante a imposíbel tarefa de descifrar un mapa).