sábado, septiembre 16, 2006



KARAOKE. Que equivocado estaba eu respeito a este grandísimo invento xaponés. Sen el non habería festa en Xapón. E é que non habendo a penas discotecas (e de prezos disparatados, non existindo pubs como aquí os entendemos (parques de atraccións, lugares de recollemento de toda a rapazada que en solidariedade etílica non ten outro interese que bailar, pimpar e relacionarse con outros seres da mesma especie)nen moito menos tascas, bares, tugurios, adegas, cervexarias, etcetera etcetera etcetera, pois non queda outra se queres escoitar música, beber e estar cos amigos ao mesmo tempo, de acudir a un karaoke. Nestes locais, ou polo menos en moitos, non está permitido o alcool, pero sempre podes levar nunha mochila as túas bebidas "reconstituintes", ninguén che vai dicir nada e menos se es home e estranxeiro. Logo, xa dentro, encerrados cos teus amigos nunha habitación, xa queda o pior, cantar. Madremiiiiiiia, que desastre. Non só eu senón todos. O único que se defendía era o koreana, que non sabíamos se cantaba ou se se estaba cachondeando de nós. O aquel de non entender o idioma. Pasar o pasamos ben.