sábado, septiembre 16, 2006


DE DONDE SE PROSIGUE LA HISTORIA Y AMORES DE SINFOROSA. O das chavalas por aqui é outro mundo. Haivos de todo, iso si, ollos come limones. Como vaias un pouco fino, ali che van ou vas . In media res empezo a historia, cando falando con unha bela xaponesa dixenlle no meu perfeito xapones unha cita da miña obra favorita, que non é outra que a "Historia de los amores de Eustorgio y Clorilene" do ilustre Juan Bohemio y Suarez de Mendoza : dime, señora, a quen amas, a quen queres, a quen adoras, que como non sexa o disparate de amar a un touro (1) ou a un pratano (2) seguro que os teus desexos son cumpridos.
Estabase cocendo a cousa, e eu tamen con iso do hidromel (xunto a jaseosa un dos grandes inventos da humanidade) e nesto, cando estaba distraido, veñen dous jichiños e un dille ao outro: Dalle agora que non mira! E como diría o Antón: E vai e pegoulle por atras.
(1)
Refirome a Pasifae, esposa de Minos, rei de Creta, que apaixonada con veemencia e euforia bursatil dun touro, conseguiu satisfacer o seu innatural desexo grazas a un artefacto concebido polo inxenioso e libidinoso Dédalo. Desa union naceria o Minotauro e seguramente tamen a baselina (isto é unha conxetura miña)

(2)
A fonte de todas as alusions "ao que se namorou dun platano" temola en Eliano, na archidifundida "Diversas Historias", en particular na seccion con clarividente titulo "De ridiculis et absurdis amoris".

1 Comments:

Blogger ifrit said...

"pegoulle por atrás"? Precisamos tradución simultanea...

4:20 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home