jueves, septiembre 07, 2006




COVA. E ala me fun eu, ao centro sul de Xapón, a pasear un pouco polos verdes campos, verdes arboredos. No meio atopo unha cova fermosiiisima, un lugar inesperado, ali, instalada nun cantil, ao lado dun rio. Preciosa. Dentro, tras pagar relixiosamente a entrada (aqui hai que pagar por todo, excepto nos templos sintoistas, que son de gratis e só deixas a vontade, é dicir nada; no resto hai que abonar ou quedas fóra papando moscas) atopome co todo o que se pode esperar dun lugar como ese e algo máis. Había estalactitas, estalagmitas, un rio, cascadas, humidade, escuridade, morcegos, e, fio musical. Joé, estes xapos. Xa falara con anterioridade de como lles gusta urbanizar todos os recantos do pais; asfaltan ate as praias, en plan Prestige. Pois si, o fio musical rompia con todo o salvaxe do lugar e non te deixaba fuxir da artificial e mecánica realidade xaponesa. Menos mal que era música clásica, porque como ao dj lle dea por pinchar o recopilatorio de Bisbal xa me vexo coa camisa aberta e berrando a todas as mozas "ieesaaaaaaaaaaaa".
En fin. O mellor da cova era a saida, pois o rio caía cunha cascada de vinte metros sobre o caudal exterior. Unha beleza.