miércoles, septiembre 06, 2006




COVA. Alá me vou eu, para o centro sul de Xapón e métome nunha cova fermosísima, fresquísima, con dous quilometros de lonxitude e río interior incluido. Cascadas, estalactitas e estalgmítas, todo incríbel menos a urbanización que ten dentro. Xa vos falara de como as xentes de por aqui asfaltan ate as prais en plan Prestige, todo, cumes de montañas incluídos con carreiros para que anciáns, rapazas ataconadas, nenos e minusvalidos (non sei por que pero estes sempre se mencionan como xénero aparte). Na cova o que había era fio musical durante todo o percorrido, con músicas clásicas para "amenizar" o percorrido. Como ao dj se lle dea por pinchar o recopilatorio de David Bustamante xa me vexo paseando pola cova coa camisa aberta até o ombligo e berrando "IEEEEEESAAA" a todas as rapazas que vexa.
A cova rematada nun burato na parede polo que desembocaba unha cascada de vinte metros de caida. Preciosa.