miércoles, septiembre 06, 2006




AQUARIUM DE OSAKA. Dicía do aquarium de Osaka que aparte de ser o máis grande do mundo non vos estaba mal. Iso si, evitade como sempre a masificación do finde porque como te toque ir con toda a rapazada acabas máis mareado que o capitán do Mar Exeo na noite de autos. En fin, aqui tedes unha foto do tiburon baleia, o peixe (que non mamifero, que mama, que bebe leite) máis grande do mundo. Sorprendente era pero o que máis me chamou a atención do suso dito recinto foi unha serie de macaquiños amazónicos que había na "piscina" dos peixes brasileiros. Os moi picaróns metianse na auga no meio de pirañas e demais peixes acongoxantes, para roubarlles a comida aos antes citados. Ole os collóns de aventura que teñen, e o simpáticos que eran...; lástima non tirarlle fotos porque eran rápidos como toñito pimpando garimbas.