miércoles, septiembre 27, 2006






AMANO-HASHIDATE (PONTE NO CEO) DO DEREITO E DO REVES. Lugar fermosísimo do Xapón. Neste país onde me atopo teñen todo tan controlado que catalogan as belezas naturais nunha lista. A lista das 100 cascadas máis bonitas (eu visitei a 37 e a 41, aínda me quedan), as cen montañas máis bonitas (a 39, 72 e 87), os lagos, os ríos, ..., pero hai tres lugares fóra de categoría e que son coñecidos como as tres belezas de Xapón: a illa de Miyayima, ao lado de Hiroshima e unha marabilla pois concentra en 40 quilómetros cadrados todo o que pode ser o Xapón natural, Nikko? e Amano-Hashidate. Que por que coloco a foto do revés? Pois porque di a lenda que se ollas asi a lingua de terra semella confundirse o ceo e o mar e convirtese nunha ponte nas nubes, para que podan transitar deuses e mortos. Curioso elemento o tempo.
A verdade é que a costa de Xapón (tamén as montañas, os ríos, etc) é incríbel e atopas en cada recuncho illas, illotes, penínsulas ou lugares case imposíbeis como este.
Para realizar esta viaxe adoptei outra vez pola bicicleta pois o presuposto non está para moitas florituras e os transportes en Xapón son máis que caros (e lentos). A diferenza e que esta vez fun acompañado polo meu amigo sueco Patrik, co que a travesía non tivo nada que ver coa do verán e toda a viaxe foi risas, conversas, comentarios sobre as nosas experiencias e aprendizaxe do idioma (xaponés e inglés). Unha das mellores viaxes. Ademais o tempo acompañou e xa o outono nótase pois as temperaturas respetan ao ciclista no día e a paisaxe acompaña á felicidade da viaxe durante todo o traxecto.