jueves, septiembre 28, 2006


ABUNAI, A SIMPATIA XAPONESA. Non sei porque pero existe o mito en Europa de que os xaponeses son moi simpáticos e axudan aos estranxeiros en todo canto poden e tal e cal. Eu por agora non tiven a oportunidade de observar moita diferenza co noso país e se existe é no seu defecto. Para nós, persoas de cultura cristiá, relativamente máis abertos e impulsivos que os asiaticos, acostumados a facer o que nos apetece e non pensar tanto nas consecuencias das cousas; chegar a unha praia e bañarse, subirse a unha árbore, tirarse desde unha ponte á auga, ir en bicicleta pola estrada e non pola beirarrúa, etc, son cuestións ás que non lles damos a maior importancia pero que aqui, por sairse do regulamentario, veñen acompañadas da bronca das autoridades (ou non) niponas ao unísono grito de "abunai" (perigo, coidado = prohibido). O caso é que Patrik e eu, enchegándonos a Amano-Hashidate, atordoados pola beleza do lugar decidimos tirarnos da primeira ponte que atopamos. A ideia saiume asi, de repente, estábamos a cruzar e apeteceume tirar a roupa e saltar. Cando saía da auga deume un repeluco como cando te pos a mexar polas mañás, de gosto e alivio ao mesmo tempo. Os dous celebramos alcanzar a meta saltando e facendo o monas, Patrik corría emocionado como unha galiña sen cabeza cando escoitamos a xa redundante "ABUNAI". Ouuuuu, que leria, outra vez o conto de sempre. Alí estaban os capitáns de sendas chalanas dicindo que non se podía saltar desa ponte, que eran as regras (supoño que no Codigo Penal xaponés saltar desde unha ponte a auga está penado con penas de 3 a 5 meses de cárcere) e que non o volveramos facer. Nós insistimos, dixemos que non faciamos dano a ninguén (tiñamos ata espectadores) e que un par de fotos e acabamos. Asi que outra vez ao trampolín e HOP, cando de repente os dous capitáns, con pinta da mafia do Pachinko ou yakuzas, suben á ponte e comentan en plan violento que non podemos saltar, que pode vir un barco e tal, e que se o volvemos facer nos solta unha tollina que nos pon a bailar e logo chama á policía. Nós rimos e eu soltolle que non sei como serán os ollos dos xaponeses pero os meus son suficientemente bos como para ver se ven un barco "Me ga arimasu neee". Resposta inesperada e alí se achicaron quedando a cousa en un salto máis e tablas, nen pa ti nen pa min. Unha vez máis a simpatía nipona facéndonos ver a realidade uniformada das cousas e imaxino que tamén eles pensando sobre nós, os estranxeiros "están tolos estes romanos, maleducados do carallo".


MAIS SOBRE AMANO-HASHIDATE. OS PROTAGONISTAS. Xa comentei máis abaixo que esta foi a mellor viaxe. Non foi nen polo lugar, nen polas baixas temperaturas nen por ningunha cuestión material. Foi pola amizade, pola compañía. A compañía de alguén co que comentar as xogadas de moviola é vital para ver un bo partido de fútbol, igual ocorre nas viaxes. A cantidade de trasnadas que fixemos non teñen comentario e sen alguén co que compartir as risas as anécdotas non teñen graza e non hai ninguén para recordalas. O meu amigo sueco é home frío, de palabras xustas pero amábeis. O rapaz ten cara de anxo ou mormón ou algo así, e a verdade é que é bastante conservador para vir de suecia pero o aburrimento da vida nipona fan que as ganas de troular crezcan máis que as accions de fadesa ou endesa. E alí nos fomos, pouca equipaxe e dispostos a comer quilómetros esfameados como somalís. Cando chegamos ao mar disfrutamos por primeira vez dun baño nas augas do Mar de Xapón (ou Korea) e fitamos apanpados a beleza das ariscas costas niponas. O pior da viaxe foi sen dúbida a noite. Ataviados só das nosas roupas de deporte e uns míseros guantes, acubillándonos nesas cabañas que había na praia (na foto) e protexéndonos da humidade e frieza da noite cunhas bolsas de gadis, a noite fixose eterna, voltas e máis voltas co barullo que meten as consabidas bolsas, buf, que tormento. Ao final tres horiñas xustas de sono, ver sair o sol correndo de aqui para alá debido ao frio e outra vez para a carretera. Agora con destino a Kyoto percorrendo toda a costa e subindo as montañas do norte desta prefectura. No meio parada nun super para recobrar enerxías derrochadas, siesta española nun banco do super e para casa.


SOBRE OS CHINOS. Na miña aula de xaponés tiven a oportunidade de coñecer máis polo miúdo a cultura chinesa e como son esas xentes. Na miña clase somos 19 persoas, tres koreanos, dous suecos, un galego, dous indonesios, un norteamericano, un hungaro, un de Sri Lanka (srilankés, ceilandés???), un israeli e seis chinos.
Non sei por que pero estas xentes caíanme ben cando estaba na Coruña. Eles, tan calados, adicandose con esforzo ao seu negocio, blablablablá, pero cando os coñeces polo miudo descubres que arrastran todas as taras do seu país. A fechazón, a falta de democracia, o ultranacionalismo e a ignorancia para con o resto de culturas. Un exemplo. Non sabían (ningún deles) onde estaba Israel, España ou Suecia, se en Africa ou en Europa. Hai que telos ben grandes para non estudar iso no instituto (todos teñen por riba dos 20 anos polo que se lles supón certa cultura adquirida pero debe ser que en Asia non teñen interese nestes temas pois koreanos e xaponeses non amosan unha cultura moito máis amplia -inclusive inferior-).
Os chinos que viven en Xapón, na inmensa maioría non teñen nen moito menos unha boa ideia sobre este país que os acolle. Aínda lembro na World Cup de fútbol deste ano como celebraban os goles que a selección xaponesa encaixaba. O día que quedou eliminada atreveronse a cantar e a berrar de felicidade diante dos ollos infectados dos nipóns e da nosa estupefación. Que tios. Foi a única vez que lles vin correr sangue polas veas, o resto do tempo semellan máis máquinas irracionais do que persoas con soños e ideas propias.
Continuo co meu escarnio. Os chinos, dicía, non teñen respecto nen interese ningún pola cultura de aqui e pola súa integración. Iso xa o tiña comprobado en España, pois son poucas as persoas desta nacionalidade que teñen algún tipo de relación cos oriundos do lugar. Aquí ocorre o mesmo, estes rapazes o único que fan é ir a clase, estudar (pouco) e traballar (moito). Non teñen outro interese que o diñeiro, algo para min lóxico pensando en como son as condicións laborais das xentes do seu páis. Pero cal é o meu asombro cando descubro que en realidade os meus compañeiros son de familias máis ou menos ben. Eu que crin que traballaban para enviar os cartos ás súas familias pero non, os tios gastan o diñeiro en bicicletas, ordenadores, consolas e roupas de dubidoso gusto. Alienadiños que están.
Pero o que máis me sorprendeu foi no momento no que tivemos que redactar un traballo de clase. Consistía en facer unha guía de viaxe de Kyoto e aí demostraron a súa ignorancia e a súa incapacidade. (Sorprende que na clase, ante a lectura do profesor sexan capaces de repetir sen apenas ter escoitado as novas palabras un par de veces as frases do profesor con absoluta perfección. Pero ai deles cando lles preguntas algo que se sae do guión. A disciplina chinesa taraos á hora de utilizar o maxín, e embora dominen decentemente o idioma xaponés, en canto lles fas unha pergunta que non teñen preparada alí fican estancados). Dicía que nese traballo de clase a min tocoume con dous chinos e un koreano (outro que tal baila),e pese as advertencias do profesor, todos querían ir por libre e non entraba na súa cabeza iso de compartir o traballo cos demais. O noso traballo consistía en facer uns comentarios sobre lugares turísticos da cidade así que ao fin tiven que acompañalos porque en seis meses de estancia en Kyoto non tiñan visitado, ollo, ningún templo, castelo ou lugar famoso da cidade. Incríbel. Non coñecían nen o archifamosísimo bairro de Gion, lugar onde atopar as ridículas gueishas e iso que apenas dista da nosa escola a cinco minutos escasos. Alí fun eu con eles e desgraza a miña, so falaban en mandarín e non tiveron a simpatía de adicarme apenas unhas palabras. Eu tenteilles explicar en que consistía o asunto pero en canto viron o primeiro supermercado alá escaparon todos.
Vou acabar xa con esta "condemnatio" porque senón vou parecer máis un xenófobo do que un xenófilo e en verdade que teño máis amigos chineses do que xaponeses. Por que será?

Koizumi, o xa retirado presidente que pasa a dirixir desde á sombra de satanás.

miércoles, septiembre 27, 2006






AMANO-HASHIDATE (PONTE NO CEO) DO DEREITO E DO REVES. Lugar fermosísimo do Xapón. Neste país onde me atopo teñen todo tan controlado que catalogan as belezas naturais nunha lista. A lista das 100 cascadas máis bonitas (eu visitei a 37 e a 41, aínda me quedan), as cen montañas máis bonitas (a 39, 72 e 87), os lagos, os ríos, ..., pero hai tres lugares fóra de categoría e que son coñecidos como as tres belezas de Xapón: a illa de Miyayima, ao lado de Hiroshima e unha marabilla pois concentra en 40 quilómetros cadrados todo o que pode ser o Xapón natural, Nikko? e Amano-Hashidate. Que por que coloco a foto do revés? Pois porque di a lenda que se ollas asi a lingua de terra semella confundirse o ceo e o mar e convirtese nunha ponte nas nubes, para que podan transitar deuses e mortos. Curioso elemento o tempo.
A verdade é que a costa de Xapón (tamén as montañas, os ríos, etc) é incríbel e atopas en cada recuncho illas, illotes, penínsulas ou lugares case imposíbeis como este.
Para realizar esta viaxe adoptei outra vez pola bicicleta pois o presuposto non está para moitas florituras e os transportes en Xapón son máis que caros (e lentos). A diferenza e que esta vez fun acompañado polo meu amigo sueco Patrik, co que a travesía non tivo nada que ver coa do verán e toda a viaxe foi risas, conversas, comentarios sobre as nosas experiencias e aprendizaxe do idioma (xaponés e inglés). Unha das mellores viaxes. Ademais o tempo acompañou e xa o outono nótase pois as temperaturas respetan ao ciclista no día e a paisaxe acompaña á felicidade da viaxe durante todo o traxecto.
NOVO PRESIDENTE NO XAPON, SHINJO ABE. Pois si, temos novo presidente no Xapon aínda que o conto continúa. Os ignorantes xaponeses escollen de presidente un home que ten como primeira proposición modificar a constitución do seu país, pasando do pacifismo a un "pacifismo activo", eufemismo co que Abe pretende esconder a malsoante "guerra" ou soltar petardos a destra e sinistra. Abe xa recoñeceu que a súa ideia perante ás provocacións de Korea do Norte non é outra que a xa coñecida "guerra preventiva", un par de misilitos e para casa cos deberes feitos (terá que esperar porque os yankis non están para moitos gastos con iso do "ataque preventivo" en Iraque). Abe é coñecido en Xapón como o "principe" polos seus esquisitos modais. Pero máis que príncipe na Europa chamámolo "falcón", rapiña que se acubillaba nas saias do rockeiro Junichiro Koizumi e que promete levar a cabo as ideas do predecesor e mesmo radicalizadas. Os xaponeses amosan unha vez máis o descoñecemento da historia cando elixen de presidente a un home aínda máis radical e ultranacionalista que o Elvis Koizumi, pois xa este mostrara o seu talante cizañento visitando unha e mil veces o templo sintoista de Yasukuni, lugar onde se reza pola alma dos xaponeses mortos en combate (aí se pudran) e tamén por uns vinte ou trinte criminais de guerra. Chineses e koreanos do norte e do sul xa fixeran saber o seu noxo diante dese talante tan ofensivo pero don erre que erre. Para poñer un exemplo, é como se o chanceller alemán vai visitar a tumba de Adolf Hitler levando na man un ramo de flores. Esperpentico. Un país que ignora a súa historia xamais poderá acadar o perdón dos povos ofendidos, Alemaña aprendeu a lección, Xapón aínda non (Abe afirmou que "xa basta de pedir perdón e levar a cabeza gacha").
Aínda será cedo para percibir os cambios pero eu xa notei unha serie de detalles que me chamaron a atención: simple coincidencia ou sutil amaño. Nos telexornais da uniformada televisión xaponesa (un horror) non sei porqué pero ultimamente están a poñer sen vir a conto novas sobre maniobras bélicas dos exercitos americanos, rusos, chinos, etc, por que seraaaá? Outra cousa, o luns fixen viaxe a Amano Hashidate (máis adiante) e outra coincidencia, na estrada comboios de "pacíficos" camións militares e no mar barquitos cañoneiros coa súa diversa trangallada; todos xuntos: por que seraaá?
Rajoy Aznar, Mariano Jose Mari, Abe Koizumi, Shinzo Junichiro, a mesma pantomina, o marionetismo ao poder oculto na sombra do "todo vale e non dou a cara, pero ai de ti como non me escoites". O Xapón segue moralmente á deriva.

viernes, septiembre 22, 2006



SINATURAS. Unha das cousas que pode definir a xente é a sinatura. De feito existe unha disciplina pseudocientífica que se adica ao seu estudo e á descripción psicolóxica do individuo segundo o tipo de firma que faga e tendo en conta parámetros de dubidosa credibilidade. Pois ben, en Xapón acabouselle o chollo a falsificadores e investigadores policiais. As sinaturas en Xapón, en lugar de seren feitas con lapiz, boligrafo ou pruma, fanse cun selo especial que cada individuo elixe como proprio e intransferíbel. Normalmente trátase dun kanji (letra china) que estaría incluído no apelido, pero supoño que no selo podes poñer o que te saia do grelo (xa os haberá por aí con figuras do kamasutra ou o logo de telepizza). O que non teño moi claro é que a súa falsificación é tan doada como ir a unha tenda especializada na venta de estes selos e pedir que che fagan un igual como o do paisano que máis odies, a ver se lle podes amargar a vida (Os selos son como os aneis que antigamente utilizaba a nobreza europea, que ante o seu analfabetismo collía o selo, un pouco de cera usualmente de cor vermello, e asinaban: 伽 Juan 17.3, archiduque de Mataconejos e princesa de Gomorra).

KORE WA NANIII?? Ou en cristiá, "que caral.. é isto?".
É dos meus amigos coñecida a miña ansia viaxeira e aventureira. Sempre que podo collo a bici e ala, a facer quilometros onde me leven as pernas.
Pois resultou que o outro día ía eu dandolle candela cando atopome no meu camiño dous xaponeses con sendas bicicletas do máis caro que hai no mercado. Falamos un pouco, deonde ves, de quen ves sendo e a onde vas. Eu dixen que ía coller a carretera de Fisterra, para Carballo, Coristanco e se dá tempo subo Agualada. Homeee, respostaron eles, iso está moi visto xa, ven con nós que te mostramos unha nova ruta (a lectura erótico festiva da aventura tamén é posíbel, pero iso deixamolo para mentes libidinosas e impuras, quedémonos nós coa nosa suposta inocencia). Os tipos tiñan pinta regulera, moita bici pero unha cara de Mark Lenders (o futbolista de Oliver Benji, mistura de cigano, xaponés e yakuza repartetollinas). Dicía que a pesar das suas pintas reguleras alá me fun eu, que ole meus coll... de aventura, pimpampimpampimpam. Xa as pernas comezaban a fallar, duras como pedras, aceiro para os barcos, pero seguiamos aí, dandolle duro até que nun cruce pararon e dixeron que ate aqui chegamos, que nós estamos ate o níscalo de que nos rompas o ritmo e apretes nas subidas, que para competir xa temos o tour de francia. Bueno bueno, que non corra o sangue. Os tipos seguiron para as suas casas, que desafortunadamente non quedaban perto de Kyoto senón a uns 40 km., e a min agora quedabame voltar, ardua tarefa se temos en conta que aquí as estradas son infinitas, estreitas, comarcais por todos os lados, inzadas de cruces sen sinalizar, vamos, a caña de españa se non tes un plano 1.25000 a man. É curioso que nun país cunha tecnoloxía tan avanzada as estradas aínda estexan como na Galiza dos noventa, sen arcéns no país da bicicleta, sen beirarúas nun país demográficamente superpoboado (será que sobra xente ou será cousa da privatización do estado). Regresar foi unha tortura, alá onde via algun paisaniño, alá ía eu perguntar, armándome de valor porque a amigabilidade das xentes xaponesas non é que vaia moi alá, e a comprensión de planos ou de localizacións xeográficas é absolutamente nula. Un quilometro en Xapón é como alí cinco ou seis, co cal fixen quilometros gratuitos a punta pala, acabando o día con 140 nas pernas e a ideia de que os xaponeses cando respostan algo, aínda que serios, son máis falsos que un duro de seis pesetas. Cajo na economia mundial. (na foto eu ante a imposíbel tarefa de descifrar un mapa).



O FEIRON DE ARTEIXO. Onte foi día 21 e como todos os días 21 do mes hai feira e das gordas. Alá me fun eu coa esperanza de mercar uns leitóns, unhas restras de allos, unhas galiñas chocas e sobretodo coa intención de comer algo de polvo á feira, deliciosa gastronomía galega. Chegándomos alí atopome con un feirón dos gordos, dos que andas todo o día e non mercas nada porque pensas que noutro tenderete aínda podes atopar o produto algo máis barato.
O único que lle faltaba á feira, a parte do polvo galego, eran os animais. Habelos habíaos, pero de condición humana. Animais irracionais non vos había co cal tiven que deixar as miñas intencións de formar unha granxa de biungulares para outro momento.
O lugar é sitio recomendábel se viaxas por Kyoto no citado día 21 ou tamén no 25 na feira de Kitano Tenmago. Aquí podes atopar todo tipo de vestiduras antigas e modernas, kimonos, iucatas, zapatos deses de madeira, dos incómodos e dos que nunca permitirán facer crimes con nocturnidade (o barullo que meten os cabrós!); tamén hai accesorios decoratorios, fotos vellas, libros, mobles antigos, trangalladas inúteis para amantes da quincallería, moedas antigas, gastronomía xaponesa, especiais, infinitas variedades de tes, úteis ferreteiros, armas antidiluvianas, apeiros de labranza, etc etc etc. Na foto tedes o lugar da feira, sito ao lado dun fermoso templo budista e coa via do shinkanse pasando ao seu carón. (Nunha das fotos podese ver arriba o tren a pasar a toda velocidade).

miércoles, septiembre 20, 2006



SOBRE O TAMAÑO DOS XAPONESES. Sempre se falou na Europa sobre a pequeñez das xentes asiaticas, sobre se a súa estatura é baixa, sobre o tamaño dos seus membros corporais, etc etc etc. Pois ben, a verdade é que máis baixo que os españois si que son pero pouco máis. A introdución da cultura occidental con a nosa alimentación a base de hormonas e carne e máis carne de dubidosa procedencia fan que as novas xeracións de xaponeses desen un estirón dos grandes. Macdonardo todo o pode, e é que, por exemplo, na miña cidade da Coruña mentres hai dúas sucursais deste infecto restaurante en Kyoto a cantidade debe rondar as 100 ou 150, unha animalada. E a cousa é que están todo o día cheos, desde as seis da mañá, cando a xente vai almorzar a súa hamburguesa con café, até as dez ou once, que é cando fechan. Desde logo que é a alimentación a que construe o físico do país e tamén en parte a súa idiosincrasia. Nas fotos tedes as fotos da man dunha amiga que ten 23 anos pero a man como a dun neno de seis anos. Hai aínda xente que non se decantou polo fast food e segue dándolle ao mollo do solla e ao arroz. Que nos aproveite.

sábado, septiembre 16, 2006

KYOTO DESDE AS NUBES.

SI QUIERES VER LOTERIA BAJAME LOS PANTALONES Y VERÁS EL PREMIO GORDO CON DOS APROXIMACIONES. E AQUI E EN ROMA SEMPRE TEN QUE HABER O TIPICO PESADO QUE LLE DÁ A BARA ÁS CAMAREIRAS. Recórdame ao meu amigo Ro., que non facía máis que soltar sutilezas das súas alá en canto local entraba (e xuro por dios que non eran poucos). Menos mal que xa foi rehabilitado e agora o máximo que fai e xogar ao parchis nas noites dos sábados (xa chas estou devolvendo eh Rober!).


KARAOKE. Que equivocado estaba eu respeito a este grandísimo invento xaponés. Sen el non habería festa en Xapón. E é que non habendo a penas discotecas (e de prezos disparatados, non existindo pubs como aquí os entendemos (parques de atraccións, lugares de recollemento de toda a rapazada que en solidariedade etílica non ten outro interese que bailar, pimpar e relacionarse con outros seres da mesma especie)nen moito menos tascas, bares, tugurios, adegas, cervexarias, etcetera etcetera etcetera, pois non queda outra se queres escoitar música, beber e estar cos amigos ao mesmo tempo, de acudir a un karaoke. Nestes locais, ou polo menos en moitos, non está permitido o alcool, pero sempre podes levar nunha mochila as túas bebidas "reconstituintes", ninguén che vai dicir nada e menos se es home e estranxeiro. Logo, xa dentro, encerrados cos teus amigos nunha habitación, xa queda o pior, cantar. Madremiiiiiiia, que desastre. Non só eu senón todos. O único que se defendía era o koreana, que non sabíamos se cantaba ou se se estaba cachondeando de nós. O aquel de non entender o idioma. Pasar o pasamos ben.

DE DONDE SE PROSIGUE LA HISTORIA Y AMORES DE SINFOROSA. O das chavalas por aqui é outro mundo. Haivos de todo, iso si, ollos come limones. Como vaias un pouco fino, ali che van ou vas . In media res empezo a historia, cando falando con unha bela xaponesa dixenlle no meu perfeito xapones unha cita da miña obra favorita, que non é outra que a "Historia de los amores de Eustorgio y Clorilene" do ilustre Juan Bohemio y Suarez de Mendoza : dime, señora, a quen amas, a quen queres, a quen adoras, que como non sexa o disparate de amar a un touro (1) ou a un pratano (2) seguro que os teus desexos son cumpridos.
Estabase cocendo a cousa, e eu tamen con iso do hidromel (xunto a jaseosa un dos grandes inventos da humanidade) e nesto, cando estaba distraido, veñen dous jichiños e un dille ao outro: Dalle agora que non mira! E como diría o Antón: E vai e pegoulle por atras.
(1)
Refirome a Pasifae, esposa de Minos, rei de Creta, que apaixonada con veemencia e euforia bursatil dun touro, conseguiu satisfacer o seu innatural desexo grazas a un artefacto concebido polo inxenioso e libidinoso Dédalo. Desa union naceria o Minotauro e seguramente tamen a baselina (isto é unha conxetura miña)

(2)
A fonte de todas as alusions "ao que se namorou dun platano" temola en Eliano, na archidifundida "Diversas Historias", en particular na seccion con clarividente titulo "De ridiculis et absurdis amoris".

QUE PÁ QUE PÁ QUE PASA?. Parece que os típicos tópicos laborais repitense alá onde vaias no mundo. Que os operarios da construción e os camioneiros son tipos duros e de poucas palabras cariñosas; que os taxistas son de todo menos legais; os futbolistas son mulleriegos e de ter amiga, xente pouco seria; e os floristeiros e perruqueiros son dos que lle dan ao pelo e á lá, si, dos que se te despistas un pouco deixante os baixos como a bandeira de xapón, branca e cun ponto vermello no meio. Nada hai de mao nisto e a verdade é que pouco a pouco a homosexualidade está sendo cada vez mellor aceptada pola mentalidade conservadora das sociedades. Na España parece que xa está case superado, só faltan antidiluvianas cacholas por conquistar, aínda que no do lesbianismo exista algo de escuridade. Outra cousa échevos Xapón. Sociedade de por sempre máis que conservadora e que mantén as tradicións con fervor opusdeiano. O mao é que na maior parte dos casos, as tradicións non é que sexan moi avanzadas e cunhas ideias discriminatorias para a maior parte da sociedade. Non teño moi claro o nível democrático deste país. Joé como me subo polas ramas. Mira que tento non falar de política nen de socioloxía neste blog pero é imposíbel substraerse. O conservadurismo e arcaico sistema de vida dos xaponeses tocame moito o eixo pero en fin; dicía que o dos gais aquí aínda non está moi admitido, na televisión parece que pouco a pouco vaise intentando dar unha imaxe de normalidade, aínda que ás veces, como na nosa terra, se caía na risión e na comedia. Para o conto, a figura que podedes atopar na porta de case todas as perruquerías de Xapón. LLongueras ao poder.


QUE FACER EN CASO DE TERREMOTO. Saberedes ben que Xapón é terra de movimentos sísmicos. A xente de aquí xa está entrenada desde pequena. No colexio reciben clases de como actuar no caso de terremoto, onde esconderse e como evitar o saqueo postcaos. O primeiro que hai que facer é, sabedores de que a xente cando ocorre algunha inesperada continxencia cae nun estado de estulticia e de ansiedade incontrolábel, dicía, que o primeiro e soltar mangurrianas ali por onde vaias, para que a xente entre en razón, e se están tranquilos tamén, unha tollina nunca vén mal para acordar a mente. Logo, no caso de que xogues fóra de casa, tes este tipos de mapa de fácil comprensión e que axudarán máis se cabe a que cunda o caos e o desenfreno catártico. Eu o imaxino en plan orxía baquiana, veña todos a chufar, reducidos nun espazo máis que insuficiente e sen a suficiente personalidade para decidir o que hai que facer (os xaponeses sempre careceron disto). Debe ser tremendo e ademáis estes individuos non teñen Camiño de Santiago e Compostelana para librarse do Armaggedon. Homiños.

jueves, septiembre 07, 2006


CALOR. En Xapón non se para do calor que vai. O consumo de electricidade e gasolina disparase no verán por culpa do ar acondicionado. O mesmo acontecerá no inverno polo frio, pois Xapón é o país do mundo onde máis neve cae por ano (non me sexades mal pensados, xa sabedes que no do consumo de farlopa España levase o premio -e no de porros, trocalos, pastis, extasis, setas, ..., joé, menudos somos e que felices estamos-). Dicía, que me perdo, xa parece que eu tamén lle dou, que o calor é abafante. Na foto podedes observar as pingueiras no meu corpo despois de cociñar. Xa non vos digo o que ocorre cando fas faenas un pouco máis movidos (outra vez a pensar mal, cochos, que sodes uns cochinotes).




GIRA GIRA CARRUSEL, CASI NO DISTINGO QUIEN ES QUIEN. E veña a dar voltas e o ben que o paso.Na foto estatua de Gaudi (con Jamiroquai no fondo), tiovivo, montaña rusa, laranxas de Valencia (valenciaaaa, naranjas y limones nos tocan ya los coj...s), tarta de Santiago, ruas vilegas, reis católicos, flamenco, Doraemon, Doraemon?, este colouse pero pasa; e todos os típicos tópicos que podades imaxinar de España.

TARTA DE SANTIAGO MADE IN XAPON. Outra sorpresa do parque españa. O prezo proibitivo pero mirar é gratis.



PARQUE ESPAÑA. Fai un mes ou asim, debido ás saudades que tiña da miña terra decidín facer pequena viaxe a un parque de atraccións que ten como motivo o noso pais, nación, pseudonación, grande comunidade, estado, eurorexión, ou o que sexa. O Parque España hai que precoñecer que está ben montado, con predominancia, como non, de paellas, paelleras, toureiros, flamencos e sevillanas, pero hai oco tamén para o camiño de Santiago, para un cabazo doado pola Xunta de Galicia ou para un zoqueiro (eu). Pasar tamén paseino ben, sorprendeume o tablao de flamenco, feito por unha compañia española na que debe ser "conditio sine qua" ser gay para ingresar nela. Iso si, moi divertido, moderno á par que folclórico. Recoñezo que me gustou ese flamenco. A parte tiven a oportunidade de montar por primeira vez nun tiovivo e subir a todo tipo de montañas rusas. Nas fotos tedes o Castelo de San Antón da Coruña (non é pero parece) e o Castelo de Xabier en Navarra (este si que era réplica, xa sabedes que foi San Francisco Xabier o primeiro xesuita en "civilizar" aos comearroces. Gran traballo o seu).
NOVO SUCESOR DO EMPERADOR. Non sei se sabedes como as gastan aqui co tema dos emperadores e se unha femea pode suceder a un macho. Pois a verdade é que son máis rancios que os da falange. En Xapón a muller ocupa o lugar da vasoira, alí no fondo da cociña (de feito, os nomes que xa na España poden resultar algo ofensivos como "esposa" aqui se salen. Xa vos falara disto pero repitome. Hai tres palabras para definir á compañeira ou muller do homen. Son Okusan, nyobo e kanai.A primeira literalmente significa "esa muller que está no fondo", a segunda "muller no cuarto" e a terceira "muller dentro da casa", pa partirse ou decidir cambiar de sexo. Já.´O tema do machismo penso tratalo largo e tendido máis adiante así que por aquí paro. Dicía que xa temos novo sucesor e xa me comentou un amigo, que como o rapaz saia negro como eu, que faga as maletas e volte a casa a fume de carozo porque senón ianme capar. Coñons os meus amigos. En fin, benvido sexa, larga vida ao futuro novo emperador e rápida morte para imperios e monarquías antidiluvianas. Chaocito.

BECHOS. A de mosquitos, bichos, tartarugas, mono titis, lajartos, can da pradeira, manekineko, ... que hai en xapon é incríbel. Algúns xa coñecen o meu gosto por coller todo canto se move ao meu arredor. Os meus amigos dos campos de traballo do verán xa saben como as gasto collendo serpes, lagartos, ras, sapos, peixes, mosquitos, etc. Pero tranquilos, que non se alarmen os das protectoras de animais porque nunca mato ningún e os deixo alí onde os atopara. O da foto chamase Paulo, en honor ao meu primeiro e recén sobriño. Chamase asi polos ollos tan grandiños e bonitos que ten, como os do becho en cuestión. Despois de asustar a un par de rapazas con el o tio saiu tan campante e con ánimo reproductor. Boa viaxe Paulino.



COVA. E ala me fun eu, ao centro sul de Xapón, a pasear un pouco polos verdes campos, verdes arboredos. No meio atopo unha cova fermosiiisima, un lugar inesperado, ali, instalada nun cantil, ao lado dun rio. Preciosa. Dentro, tras pagar relixiosamente a entrada (aqui hai que pagar por todo, excepto nos templos sintoistas, que son de gratis e só deixas a vontade, é dicir nada; no resto hai que abonar ou quedas fóra papando moscas) atopome co todo o que se pode esperar dun lugar como ese e algo máis. Había estalactitas, estalagmitas, un rio, cascadas, humidade, escuridade, morcegos, e, fio musical. Joé, estes xapos. Xa falara con anterioridade de como lles gusta urbanizar todos os recantos do pais; asfaltan ate as praias, en plan Prestige. Pois si, o fio musical rompia con todo o salvaxe do lugar e non te deixaba fuxir da artificial e mecánica realidade xaponesa. Menos mal que era música clásica, porque como ao dj lle dea por pinchar o recopilatorio de Bisbal xa me vexo coa camisa aberta e berrando a todas as mozas "ieesaaaaaaaaaaaa".
En fin. O mellor da cova era a saida, pois o rio caía cunha cascada de vinte metros sobre o caudal exterior. Unha beleza.

miércoles, septiembre 06, 2006




COVA. Alá me vou eu, para o centro sul de Xapón e métome nunha cova fermosísima, fresquísima, con dous quilometros de lonxitude e río interior incluido. Cascadas, estalactitas e estalgmítas, todo incríbel menos a urbanización que ten dentro. Xa vos falara de como as xentes de por aqui asfaltan ate as prais en plan Prestige, todo, cumes de montañas incluídos con carreiros para que anciáns, rapazas ataconadas, nenos e minusvalidos (non sei por que pero estes sempre se mencionan como xénero aparte). Na cova o que había era fio musical durante todo o percorrido, con músicas clásicas para "amenizar" o percorrido. Como ao dj se lle dea por pinchar o recopilatorio de David Bustamante xa me vexo paseando pola cova coa camisa aberta até o ombligo e berrando "IEEEEEESAAA" a todas as rapazas que vexa.
A cova rematada nun burato na parede polo que desembocaba unha cascada de vinte metros de caida. Preciosa.

ESTES XAPOS ESTAN EN TODO. Uvóns tamaño ovo de codorniz, sen pepitas e con pel case insabora (ou será insípida?). Eu xa sabía do resultado dos cruces, iso de inxertar un pexego cun marmelo, de misturar peras ou mazas ou de cruzar un humano cunha mula (co triste resultado do nacimento do "Loco de las coles", o primeiro ser humano parido por unha mula). Tamén vos hai, e non é coña, sandias cadradas e de tamaño reducido para poder gardalas perfeitamente no frigorifico. A falta de espazo aviva as mentes e xa está case todo inventado.

(Ante o toque de atención da miña nai pola profusión de palabros, blasfemos e demais malsonancias, limitome agora a adoptar un vocabulario non lesivo, para que os peques non teñan que ir á cama).
PRAS PUTAS. E con perdón, pero é o que está escrito no cartel dunha estación de trens de Xapón Para quen non entenda inglés juachilai, a tradución do cartaz ven sendo esa. Para ir xunto delas, das meretrices, vaite pra lá, que xa babeas.



CANDO PICA; RAÑA CEOS. Máis que recomendábel visita aos lugares altos de Xapón porque desde o ceo sempre podedes descubrir o sorprendente das edificacións xaponesas. Desde este podiase ver unha autoestrada atravesando polo meio dun edificio de vivendas. Menudo barullo ten que a ver como pase o Ro co Focus e a "Me gusta la gasolinaaa..." a toda pastilla. Tuneros do carallo. Como para concentrarse cando toca faena sabatina. Mellor irse a un Love Hotel. As vistas,..., preciosas.



MANIFESTACION NON A LOU? non,
NUNCA MÁIS? non.
A LA DE UNA, A LA DE DOS; AR ATAQUEEEEEEEE... PASO DE PEóNS DE OSAKA.
E non é hora punta nen dos máis concorridos, pero dez millóns de persoas en espazo tan reducido nalgún lugar teñen que encontrarse.

- Que, Toño, quedamos pra dar unha volta? Faite un cine? Botan unha boa.
- Veña vai, quedamos na esquina, onde sempre. Ok?
- Vale, eu levo o bote de fume.

(conversación vulgar do osakense -que bebe sake con libinosidade aviagrada-)