martes, agosto 01, 2006



RESTAURANTE SOBRE O RIO. En Xapon, debido ao seu territorio mais que montanhoso (ten unha pendente medio do 30 por cento) e a que a natureza e mais que vizosa, a xente, sobre todo os vellotes, saen en masa e a cascoporro da abafante cidade para dar un paseo polos arredores. Sen andar moitos quilometros podes atopar verdadeiras marabillas da natureza e os paisanos dos lugares non vos son inxenuos, non. No te digo nada y te lo digo to. Conhecedores de que o perfil do visitante acoplase perfeitamente ao canon: "dominguero zapatos de tacon en plena selva amazonica" ou "olle miraaa, desde aqui no hay cobertura", pois o dito, os paisaninhos o tenhen ben montao. Ali, en metade do rio, ponhen catro taboas enriba e xa tenhen montado un restaurante do mais cuco e orixinal. O mao son os mosquitos e tamen o tipico graciosillo, que como se lle de por irse de ventre rio arriba, xa vexo aos comensais tomando de postre nocilla. En fin, orixinalidades. 13741363