lunes, agosto 14, 2006



NON É A ROMAXE DE IRIMIA PERO CASE. Non, nen de coña. Resulta que estaba eu buscando refuxio para dormir cando vexo que hai festa. Achegueime por ali para ver aos paisaniños e ali estaban, todos os comearroces, de verbena festeira, como na nosa terra, dandolle á moa e empinandolle ao cóbado, que hai que adestrar. Despois de observar desde a barreira como se manexaba o percal, fun eu tamén para alá, decidido a acabar co suministro de víveres da tropa, moita era a fame e sede que levaba.
Nas festas de Xapón hai unha cousa que non existe en España: o silencio. Parece que estamos nun funeral, sen música, sen a xente a berrar, sen os borrachos a facer pareados e dictar sentencias de morte, etc. Non ten a alegria e o desenfreno das nosas, a xente, ainda que algún vai perfumado, non se pon de alpiste, non lle chufa ao tarro, non lle tira aos paxaros, non está todo o dia tirado por ai, non bebe o viño zagarrón nen se pon ata o ojete de psicotrópicos, en definitiva, que non se pon mostrenco, non está chotuno vamos. E iso, que non é o mesmo.
Eu aproveitei para comer e fitar un pouco como son as romarias de por alá. O do alcool sorprendentemente deume igual, non levaba eu o corpo católico. A festa estaba adicada ás ondas do mar (non o de Vigo, pode estar tranquila a rapaza da illa de San Simon)e xa vedes que é como na Galiza, con tal de celebrar danos igual arre que so, calquer excusa é boa. "En dias de fiesta, los chicos y chicas, colmados de felicidaaaaaa, ..."