lunes, agosto 14, 2006




DIA 6. A miña primeira noite nunha cama, nove horas que durmin e non me chegan a nada. Preciso de dous dias de marmoteo e descanso e tras escoitar precipitadamente o que di a tele vounos ter. Aproximase un tifón. Non vai afectar á zona á que vou mais debido a miña debilidade, ao canso que estou e temendo o vento, previsoriamente collo as cousas e regreso a Osaka en barco. A decisión é boa porque ainda que agora viña o mellor da viaxe, isto ainda o podo facer dentro dun mes, pois fica máis perto, e ademais a peregrinaxe non estaba a dar moitas alegrias e si grandes fatigas. Antes de voltar paso o dia por Matsuyama, a cidade máis importante de Shikoku. Famosa polos seus onsen ou augas termais, aproveito para ir ao máis antigo e importante de Xapon, pois nel tomaron baño os emperadores. O edificio desde fóra é bonito, por dentro espectacular en canto a vapores. Por dous euros podedes tomar un baño termal e por algo máis tedes barros e outras caralladas. A min chegame e sobrame co baño, pois co calor que vai non hai dios que pare ali dentro. Estou eu para suar máis!. Xa vedes que os prezos destas cousas aqui sonche ben máis baratos que na Toxa, e é que debido á cantidade de volcans que temos aqui, a auga quente e mineral sobra. En Matsuyama tamén ascendin ao castelo e comprobeu a orixinalidade do seu sistema de tranvias, con veículos de todos os tipos e as cores. A noite adiqueina a recuperar os sete quilos que levo perdidos desde que cheguei a Xapon. Dinlle aos xelados, as hamburguesas (non me queda outra, aqui pouco vos hai) e demais viandas que o meu estomago ben agradeceu. Tanto que logo tiven dor de barriga.