viernes, agosto 11, 2006





DIA 4. A noite foi mais ou menos, catro horiñas de sono pero non poden ser mais porque aqui a xente ten o costume de tirar pequenos foguetes na praia todas as noites e as 5 xa sae o sol, asi que non teño moito tempo para soñar. Me cago na polvora de dios. As cinco e meia xa estou na estrada e incribelmente xa vai un calor impresionante. Comezo con dor nas pernas que me recorda todo o que levo enriba. Hoxe toca tamén praias polo que a viaxe faise amena. Todo pola costa ate o cabo Muroto, o mais septentrional da illa. Aqui hai un deses 88 templos famosos de Shikoku dos que xa nos falaba o bestseleriano Paulo Coelho. Tarde ou cedo tiña que atopar a algun dos célebres peregrinos vestidos de branco que percorren a illa na rota dos 88 Templos, similar ao noso Camiño de Santiago, ou sexa que ando como en casa. A diferenza é que aqui o camiño é introspectivo, cara ao interior, e no da nosa terra e bidireccional, para fora e para dentro, para coñecerte e para coñecer. Fechados os xapos.
Acabo o dia en praia paradisiaca e disfrutando ou padecendo os derradeiros raios do dia e a chuvia de estrelas da noite.