viernes, agosto 11, 2006

DIA 3. Sen ver os seguintes podo dicir que este foi un precioso dia. Calor si, calor fixo que quixo. Eu falaba co Helio, o deus do Sol. Dicialle: " Non serás capaz". "A que o fai?, a que se atreve?", e si, ia o tio e se atrevia, 38 graus e cunha humidade terrible. A pedalear, todo pola costa do Pacifico, preciosa, augas limpas, cantis quilométricos e altísimos. 120 km que fixen sen decatarme, coas miñas pausas dunha hora para sacar a leña (isto foi unha das peores cousas da viaxe, levar ai o lastre e non poder sacalo,pasealo por todas as estradas. Pero todo cambiaria, todo). Por certo, nunha pequena pausa nun super, estaba na porta facendo o almorzocomidacea todoxunto, cando unha muller se me aproxima . " A onde vas?" "Vou pra Corme" Comezamos a falar e resulta que sabia unhas palabras de español. Por qué? Un amigo mexicano dela, que era testigo de Xehova (non é coña). Conversamos sobre relixion, sobre que hai que ser bo e ela perguntabame se sabia o significado dos Testigos de Xehova. Ela pertencia a esta corrente e contoume toda a historiña. Sorprendeume saber que nun vila duns 10000 habitantes habia case 200 testigos, ela incluida, e adicabanse a propagar a sua menxase por Xapon, onde son case 2 millons. Manda carallo 29. Perguntoume se coñecia o Armaggeddon, e eu, si ho, o amigo de Bush. Jijiji, jajaja, a tia intentaba meter na sua congregacion, dicindo que hai que seguir os escritos de Xehova e non os de Cristo, e eu flipando como podo estar en Xapon e vir unha xaponesa a intentarme convencer en xapones de que me introduza na sua igrexa. Paseino de medo, porque son poucas as persoas en Xapon que se atreven a falarte tan abertamente como esta o fixo. A, ao final convenceume, do de Xehova, si, que dicia que era mellor o viño que a auga. En verdade tiña razon o homiño.
Continuo pola costa, cangadiña de illas, de peroulos, vales fechados, augas quentes e limpas, vizosas florestas. Vamos, un verxel que nen o de Bergantiños. O mao é que non tirei moitas fotos porque con iso de ir na bici, todo acoplado, a preguiza de parar, sacar a mochila e coller a camara non me atraia moito, ou sexa que tedes que vir vos a velo. Por certo, sorprendome como podo so dormir 5 horas, so comer 1 tableta de chocolate e un prato de pasta de microondas e continuar vivo. Asi foi.

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Excellent, love it! » »

3:28 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Where did you find it? Interesting read » »

7:19 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home