jueves, agosto 10, 2006





DIA 2. Ao acabar este dia de viaxe puiden decir "Estou vivo!!". 11 horas de bicicleta, 212 quilometros, 5000 metros de desniveis, 11 litros de auga e bebidas isotonicas consumidas, un calor como na miña vida papei. Despois deste panorama o único que podia dicir era "estou vivo, mi madriña". O porqué de tanta animalada ven causado por un exceso de confianza pola miña parte, erros no plano e unhas fatídicas obras de estrada que me levaron case 100 quilometros máis lonxe de onde desexaba. O bo do dia, sen dúbida, a paisaxe, o val da montaña (esta montaña, Iziguchi, a mais alta de Shikoku e de todo o leste de Xapon, non ten nada, unha máis. Desde a curota supuñase que se tiña que ver o mar e gran parte da illa, pero Lorenzo apretou tanto que non se via nada. Iso si, o ascenso en tempo record. Puña que a pé demorabas 3-4 horas en subir e baixar. Unha hora para o menda con todos eses quilometros en bici. Asi acabei, destrozado e coa sensación de ter xa un ano menos de vida. Os esforzos se pagan.

3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Ai, meu primiño!!
Q pasa, q queres? Q non t reconozamos cando volvas? Estaste preparando para desbancar para o ano a Oscar Pereiro..? Ou falo para así aforrar cartos do gasoil e non usar coche para ir de festa en festa, ir ver ó teu sobriño (é que con eso dos puntos a cousa está chunguilla, non?)
Bueno meu, coidateme, q Iago só temos un

11:20 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Very nice site! Levitra and effects

4:12 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

You have an outstanding good and well structured site. I enjoyed browsing through it »

9:51 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home