jueves, agosto 10, 2006




DIA 1. Antes de nada. Dicir que me fun de viaxe por Xapon coa intencion de percorrer en bici as illas do sul, Shikoku e Kyushu. Haberá quen diga: "Que envexa!!". Os collons!. Non sabedes a dureza, o padecemento, o sofremento e a envexa que tiña dos que estabades nas vosas casas, tumbados ao fresco. Por que digo isto? Xa veredes, xa.
Saio o primeiro dia, seis da mañá, en bici, coa mochila de 10 quilos nas costas. O meu primeiro destino é Kobe via Osaka, para coller o barco ate Takamatsu (2000 iens). O barco é comodo e viaxa pouca xente polo que me podo tirar a bartola para descansar dos primeiros setenta quilometros e da calor abafante. Chego as duas a Takamatsu, reviso os arredores e parto via templo de Kotohira e para a montaña. Pero hai meu sino, que a roda traseira parece que cede e alá teño que dar meia volta para encontrar (despois de tres tendas) un lugar no que ma cambien. Perdo case tres horas pero o rapaz da tenda partese comigo das anecdotas que lle conto de Xapon en contraste con Europa. Pasar paseino ben e as veces a tormenta volta fértil a terra.
Parto para a vila de Kotohira, dandolle candela pese os case 40 graus e unha humidade, OLLO, de 80%. Iso é o mortal de Xapon, deixas os osos no camiño. En Kotohira esperabame o templo enriba da montaña. A verdade que non ten moito se non é o porque para chegar ao templo hai que rubir 785 escalons e outros 530 por se quedabas con fame. A cousa non tiña moito que ver, quizais o máis gracioso é que abaixo hai uns "taxistas" que te poden subir por módico prezo. Son 10 euros pero deberian ser 50 tendo en conta que os fulanos te suben en palanquin. Para as que soñan con princesiñas.
Ah, nas fotos incluo a habitacion do meu primeiro hotel. Non poderedes negar que é barato, con vistas e un bo balcon. Sen dúbida foi esta a mellor noite que pasei.

5 Comments:

Anonymous TOÑITOBAILON said...

Es o q non hai tío sempre "a toda mecha a toda toda mecha y no te hagas la estrecha..."vai indo amodiño irmán e trata de voltar dunha peza q se segues asin vas tornar como se estiveras na somalia e non no xapón meu.Güenu q por estes lares xa te imaxinas veranito calentito...ejem(jeje)e moitas festas populares o ano q ven facemos aa ruta do face to face por elas(menuda enchenta jejeje)bicos e se boiño ou non jejeje.

8:35 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Wonderful and informative web site.I used information from that site its great.
» » »

7:36 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

What a great site » » »

11:14 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Very cool design! Useful information. Go on! » » »

7:31 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Excellent, love it! video editing programs

1:12 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home