martes, agosto 01, 2006



BABEQUIU, ai la barbacoa, como me gusta, la barbaquiu. Que ricos los chorizos parrilleros, loooos chorizoos parrilleeeerooooos,... (homenaxe ao Giorgi Dam). Pois o ultimo dia de clase antes das vacacions fomos todos de barbacoa, profes incluidos, a o lago Biwa, o mais grande de Xapon con mais de 40 quilometros de longo. A cuestion echevos que o sol petaba como galo no millo e o asfalto abrasaba, pero ai vamos, os meus colegas e eu, e decidimos ir en bici (70 quilometros). Total, que chegamos escaldados, vermellos como pementos e queimaduras (non vos e broma) de terceiro grao. Fotos ainda non tenho porque andaba sen bateria pero seguro que alguen ten algunha por ai dos chapuzons que nos pegamos e de como conseguin tirar a auga aos profesores (roupa incluida pero esta vez sen mobil, tonhito). Logo, cansos pero perfumados pola cervexa que en inxente cantidade alguns consumiran, saimos por ai de troula. Ai esta o meu amigo gayer Patrik, en plan langosta a brasa. Eu tampouco quedei mal e ainda cinco dias despois ando con bochas nas costas.