lunes, agosto 14, 2006









Aqui tedes unhas cantas fotiños desde o castelo de Matsuyama. Desde arriba as vistas eran boas. O que me resulta curioso é que os castelos de Xapón estexan construidos con moita madeira. Que pasa, xa estaban inventados os extintores ou é que os canteiros estaban en folga. Curioso, facilmente os inimigos podian prenderlle lume e alá vai churrascada de samurais. Ademais, xa sabedes o pavor que lle teñen os nipóns a iso dos lumes. Ainda polas noites, teño escoitado a un fulano camiñar polas ruas batendo duas pezas de madeira e berrando algo. Perguntei que era aquel homiño e dixeronme que os viciños vanse turnando para pasear polas ruas do bairro recordando que hai que apagar estufas e cociñas, que hai perigo de incendio. Asemade, como as casas están feitas de madeira de pino pinocho, desta malona con cor acre, resultará ben máis doado facer unha lareira. Por seguridade, non veredes en Xapón ningunha casa pegada a outra, aqui os adosados grazas a Deus, brilan pola sua ausencia. Todos, repito, todos, mesmo os edificios de 20 plantas, están separados por vinte, trinta centímetros, co fin de que no caso de terremoto ou incendio, a cousa non vaia a máis.