miércoles, agosto 23, 2006






QUE FAI UNHA BANDEIRA GALEGA NO MEIO DUN ESTADIO DE XAPON? Pasear, que xa habia ben de tempo que non tomaba o ar. A bandeira é regalo dos meus amigos tunantes pero non tuneros (tuno bueno tuno muerto cantaban acertadamente Def Con DOs) cando viñen para estas terras. Ah que saudades dos meus amigos e as nosas festacas, desas, das gordas, de poñerse de alpiste ate o ojet..... A festa nas gradas tamén era incribel (para ser Xapon), animais e burros incluidos.



TRISTAN, APRENDE. Algunhas das nosas estrelas debería aprendar dos xogadores de aqui. Recibidos catro goles na tua casa, os xogadores ao finalizar o encontro dan unha volta ao terreo de xogo pedindo desculpas aos espectadores. E agora si, neste momento si que podes berrar o que queiras. "Paulinho (a estrela do Kyoto) gordo, vai comer feixoada con Ronaldo e deixa o futbol para nós" ou "sube peazo de cabrón, que te dou unha hostia que te poño a bailar" ou incluso "voute meter a katana polo puto orto (ojete, ano, via de salida) que te vou deixar o cu como a bandeira de Xapon (branco cun ponto vermello no meio). Ah, por certo e aviso para navegantes. Nen no estadio nen nos arredores vin un so policia. Exemplar.



FUTBOL FUTBOL NA GALEGA, FUTBOL FUTBOL DE PRIMEIRA. Xornada de fútbol de primeira división entre o Purple Sanga Kyoto e o Gamba Osaka. E alí me vou eu, coa miña camisola do Depor a ver o partido. Que desastre! O nível, polo chan, mal partido con victoria dos visitantes por 4 a 1. Será que o Kyoto vai penultimo na liga e camiño de segunda. A coña foi a festa que hai no graderio. Se cadra a xente non entende moi ben de que vai este deporte pero cantar non paran de cantar. Todo o tempo, cal se de karaoke se tratase. Que voces.
Outro detalle é que debido ao fair play (xogo limpo) pite o arbitro ben ou mal, nen lle levantan a voz. Iso de non soltar lindeces pola boca nun partido de futbol era para min algo ignoto ata entonces, e a verdade, ficas máis tranquilo na nosa terra berrando todo canto queiras.


GARDERIA. Unha cuestión importante para todos os pais do mundo é que facer coa rapazada cando chegan as vacacións escolares. O problema transcende cando atopamos un sistema laboral como o xaponés, no que , por lei, os dias de vacacions por ano elevase á escandalosa cifra deeeeeeeee 10 dias!!!. 10 dias de vacacións, divididos en dous amplos periodos de cinco días, cinco no verán e cinco na Golden Week, algo asim como a nosa Semana Santa. Coitados meus pobriños, e a isto hai que sumarlle que non fan pontes nen esas cousas que temos nós, non, o numero exacto de dias de descanso é 10, nen ponte da constitucion, nen a de todos os santos, nen dia da patria nen xa estou farto de millo. Dez dias. Ao que iamos, aínda ben para os pais que os cativos tampouco gozan dos tres meses de verán que temos nós, pero ainda asi teñen o problema de que facer con eles cando se vai ao traballo. Solución. Clásica e discriminatoria. A muller non traballa e fica na casa. Si, é asi, e xa poden os e as feministas protestar que non mudan. E que ocorre cando a muller é curranta? Pois que en todas as fabricas e empresas, grandes ou pequenas (esta, que está enfrenta da miña pousada, terá aló polos oitenta empregados) teñen garderias onde aparcar os nenos. A coña é que están no meio da fábrica e como ao neno lle dea a xogar cos coches pode armala ben gorda.

martes, agosto 15, 2006



FIN DE VIAXE. E asi remata esta miña primeira viaxe polo sul de Xapón, co recordo dun mar e unha montaña case que paradisiacos e coa dor nas pernas que me recordarán o que fixen durante un bo tempo. Ai vos queda reflectido na foto, o descanso da outra vida.

E eu que crin que ia cargado! O de atrás leva voa carga pero o de diante ate leva remolque na bici. Fotos tomadas en Osaka cando regresaba e que deixaron a miña moral polo chan.


Pernas de ciclista que me quedaron despois do palizón. Two colors e xemelgo definido. O cu non o ensino porque estaba máis vermello e pelado que o dun mandril.



O cume da montaña, con urbanización incluida que demostra como os xapos queren chegar a todos lados.



Estradas de montaña que me entre outros factores me obrigaron a voltar.


Trafico marítimo no mar interior de Xapon. Chamase már de Seto e a súa fermosura pódese comparar coa sua suciedade. Ah, nun barco como eses viaxaba eu.

lunes, agosto 14, 2006



VELLOTES. Pola tarde do último dia fun para o porto de Matsuyama, a uns dez quilómetros, para coller o barco pero resulta que tiven que esperar oito horas. Pero ollo, a miña espera non foi tranquila. Primeiro informanme de que todo está vendido e eu mecagoenlaputa que fago agora. Logo dinme que teño que esperar ate as 21.30 (o barco sae as 22) para saber se hai cancelacións. As 20.00 volto por ali inquirindo se hai ou non hai billetes, porque se non tiro para Kobe noutro barco (todo isto en xapones porque en Shikoku moitos estranxeiros non ven e todo os sinais e letreiros estanvos escritos xeroglificamente). Por fin dinme que máis ou menos as 21.30 hai billetes pero non mo poden asegurar, pero haber hainos. Joé, nin que foran galegos. Pola tarde, deixei a bici (tiña eu o cu como para poñer supositorios) e din unha volta polos arredores atopandome estes dous homiños a xogar. Os tipos eran ben simpáticos e abertos, xente da aldea aborrecida das mesmas caras. Falar con eles resultou unha experiencia moi grata. Botamos unha parrafadiña sobre os nosos paises e eles contaronme que na aldea hai unha velliña que de cando en cando lle entra un arrebato folclorico e se entra por bulerias, vamos, que a muller baila flamenco. Como rian os condenados. Insistiron en que fora a vela pero andaba escaso de tempo. Por certo, a un faltaballe un ollo (non falla, en toda aldea, haxa catro viciños ou 243, sempre ten que haber un tolleito ou un mongólico. Manda carallo na habana). Na noite fun cear a unha tasca da aldea. A primeira vez que vou a un sitio típico, caseiro, en plan a bodega de Amelia ou o Rapido, todos coñecidos e sen complexos (ali estaban permitidas as explosions gaseosas de todo tipo). A mulleriña preparaba a comida ipso facto, non en plan precociñado. Foi algo especial ver que en Xapon, o pais das Multinacionis, do ultrahixienico e das Grandes empresas, ainda se resisten lugares como este no que todo está permitido.



TRANVIAS. Xa vos tiña falado moito dos trens de aqui e hoxe toca o apartado aos tranvias. En Matsuyama puiden observar suas virtudes (máis ecolóxico, sen problemas de atascos e fresco) e defectos (para os ciclistas cruzar as suas vias é tarefa complicada). Hainos de todas as cores e gostos.


NON É A ROMAXE DE IRIMIA PERO CASE. Non, nen de coña. Resulta que estaba eu buscando refuxio para dormir cando vexo que hai festa. Achegueime por ali para ver aos paisaniños e ali estaban, todos os comearroces, de verbena festeira, como na nosa terra, dandolle á moa e empinandolle ao cóbado, que hai que adestrar. Despois de observar desde a barreira como se manexaba o percal, fun eu tamén para alá, decidido a acabar co suministro de víveres da tropa, moita era a fame e sede que levaba.
Nas festas de Xapón hai unha cousa que non existe en España: o silencio. Parece que estamos nun funeral, sen música, sen a xente a berrar, sen os borrachos a facer pareados e dictar sentencias de morte, etc. Non ten a alegria e o desenfreno das nosas, a xente, ainda que algún vai perfumado, non se pon de alpiste, non lle chufa ao tarro, non lle tira aos paxaros, non está todo o dia tirado por ai, non bebe o viño zagarrón nen se pon ata o ojete de psicotrópicos, en definitiva, que non se pon mostrenco, non está chotuno vamos. E iso, que non é o mesmo.
Eu aproveitei para comer e fitar un pouco como son as romarias de por alá. O do alcool sorprendentemente deume igual, non levaba eu o corpo católico. A festa estaba adicada ás ondas do mar (non o de Vigo, pode estar tranquila a rapaza da illa de San Simon)e xa vedes que é como na Galiza, con tal de celebrar danos igual arre que so, calquer excusa é boa. "En dias de fiesta, los chicos y chicas, colmados de felicidaaaaaa, ..."


TUNEIS. Neste meu periplo belocípedo topei con moitas dificuldades e medos pero quizais o pior de todo foi o dos tuneis. Normalmente cruzar un tunel en bicicleta xa é de por si perigoso pero se o facedes en Xapón xa é a loucura, harakiri gratuito. Me cago nos tuneis de dios e ainda máis, me cago nos profesionais da estrada, incluindo camioneiros, taxistas e buseros. Diabo sobre rodas, irrespetuosos e sen cumprir ningunha norma do codigo circulatorio. E eses son profesionais? O dos camións non ten perdon de dios, pasante rozando a escasos diez centimetros de tu boca. En canto collo unha rota de tráfico pesado xa me santiguo e perguntome para que fago iso, para que xogarse a vida desa maneira. AH!, os tuneis. Menos mal que en Xapon conducen de vagariño, lento. O máximo é 1oo pero normalmente non pasan de 80 mais é que se chegan a conducir á velocidade de España xa estaban a metade no camposanto. Chegándomos a un tunel é igual que teña 100 metros que 11 quilometros, que estexa iluminado ou non, os tios non poñen as luces nen pa dios, co perigo que trae para min, ciclista que atravesa o tunel. É máis. Intuo que os moi cabróns, se é noite, son capaces de entrar no tunel e apagar as luces pa joder. Ratas. Isto a min nen me vai nen me ven pero é que nesta viaxe pasei uns 20 tuneis (con tantas montañas que ten Xapon as infrastructuras son incríbeis) e asegurovos que estar 15 minutos metido nese burato, cun ruido que nen Pacha Ibiza, sen luz, cos coches adiantando e ti ves que non levan luces pero non sabes se eles te ven a ti, asegurovos que esa sensación nen a MasterCard a pode mercar. Que crise de ansiedade!, o corpo vai revolucionado pensando só en sair vivo desa catacumba. Non merece a pena.








Aqui tedes unhas cantas fotiños desde o castelo de Matsuyama. Desde arriba as vistas eran boas. O que me resulta curioso é que os castelos de Xapón estexan construidos con moita madeira. Que pasa, xa estaban inventados os extintores ou é que os canteiros estaban en folga. Curioso, facilmente os inimigos podian prenderlle lume e alá vai churrascada de samurais. Ademais, xa sabedes o pavor que lle teñen os nipóns a iso dos lumes. Ainda polas noites, teño escoitado a un fulano camiñar polas ruas batendo duas pezas de madeira e berrando algo. Perguntei que era aquel homiño e dixeronme que os viciños vanse turnando para pasear polas ruas do bairro recordando que hai que apagar estufas e cociñas, que hai perigo de incendio. Asemade, como as casas están feitas de madeira de pino pinocho, desta malona con cor acre, resultará ben máis doado facer unha lareira. Por seguridade, non veredes en Xapón ningunha casa pegada a outra, aqui os adosados grazas a Deus, brilan pola sua ausencia. Todos, repito, todos, mesmo os edificios de 20 plantas, están separados por vinte, trinta centímetros, co fin de que no caso de terremoto ou incendio, a cousa non vaia a máis.



DIA 6. A miña primeira noite nunha cama, nove horas que durmin e non me chegan a nada. Preciso de dous dias de marmoteo e descanso e tras escoitar precipitadamente o que di a tele vounos ter. Aproximase un tifón. Non vai afectar á zona á que vou mais debido a miña debilidade, ao canso que estou e temendo o vento, previsoriamente collo as cousas e regreso a Osaka en barco. A decisión é boa porque ainda que agora viña o mellor da viaxe, isto ainda o podo facer dentro dun mes, pois fica máis perto, e ademais a peregrinaxe non estaba a dar moitas alegrias e si grandes fatigas. Antes de voltar paso o dia por Matsuyama, a cidade máis importante de Shikoku. Famosa polos seus onsen ou augas termais, aproveito para ir ao máis antigo e importante de Xapon, pois nel tomaron baño os emperadores. O edificio desde fóra é bonito, por dentro espectacular en canto a vapores. Por dous euros podedes tomar un baño termal e por algo máis tedes barros e outras caralladas. A min chegame e sobrame co baño, pois co calor que vai non hai dios que pare ali dentro. Estou eu para suar máis!. Xa vedes que os prezos destas cousas aqui sonche ben máis baratos que na Toxa, e é que debido á cantidade de volcans que temos aqui, a auga quente e mineral sobra. En Matsuyama tamén ascendin ao castelo e comprobeu a orixinalidade do seu sistema de tranvias, con veículos de todos os tipos e as cores. A noite adiqueina a recuperar os sete quilos que levo perdidos desde que cheguei a Xapon. Dinlle aos xelados, as hamburguesas (non me queda outra, aqui pouco vos hai) e demais viandas que o meu estomago ben agradeceu. Tanto que logo tiven dor de barriga.

domingo, agosto 13, 2006



viernes, agosto 11, 2006






DIA 5. O pior de todos en conta a dureza. Haberá quen cando escoite que estiven a viaxar en bici diga: que guai. Envexa a que teño eu. Que dureza, que castigo para o corpo. Creo que as miñas pernas pagaran tantos esforzos pero hai que darlle, leña al mono que es de goma. Pobre miña naiciña, con tanto cariño como me criou e eu a estragarme por ai. Saio da praia e xa comezo mal o dia ao coller mal a rota. Dez quilometros gratuitos. Tiro pro monte, pouco a pouco a cousa se empina como cimbel matutino e eu coa mochila nas costas parezo unha tartaruga. O sofrimento chega, son todo suor, as pulsacións a 1000, piloerección, pernas como peroulos e un calor mortal. Ate os lagartos andan pola sombra e eu ai, a darlle candela. No porto de montaña, antes de iniciar a rota a pé o meu corpo dixo basta. Morrín. Ai quedou parte de Iago, tirado na cuneta dunha estrada abandonada, mortiroliana. A gatas puiden chegar a unha aldea, farto, con sono, cunha páxara incribel e so desexando voltar a Coruña. Decidín que todo ia cambiar, menos quilometros e mais turismo. Iso si, o monte espectacular, os bosques barrocamente tupidos, rios, regatos, lagos e lagoas por tods lados.