miércoles, julio 26, 2006



MATSURI. A traducion seria algo asi como "fiestaca", mais en verdade non pasa dunha romeria ou romaxe. No veran fanse en Xapon centos de ritos relixiosos, que a similitude da na nosa terra, a xente celebra mais por repeticion sociocultural que por significado moralrelixioso. Podes ser un perfecto imbecil, ou mal cristia ou un mal budista, pero ali na procesion estaras en primeira fila e cos teus mellores trapos. Hipocresia. Pois ben, as rapazas das fotos, en plan sublimacion falica, adoracion inutil e tal e tal, escreben nun anaco de papel unha peticion para os deuses (normalmente queren amor ou saude, pero existe tamen o tipico gambitero que pide un bemeuve) e colgan a epistola na pola dunha arbore de bambu. Isto echevos o rito, pero arredor de todo isto esta a festa, en plan verbena, con tenderetes e comida por doquier, pero na que eu notei en falta tres cousas vitais para todo bon festeiro.

Primeiro: Non vos hai tenderete do perrito piloto.
Segundo: Musica so tedes a dos beatos a orar e ler sutras.
Terceiro: Sen musica non hai meneo. Sen meneo e puntatacon non existe o momento cartatico que en toda verbena que se precie supon o "PAQUITO EL CHOCOLATERO" eh, eh, eh. (Joe que ben o pasabamos nas festas do veran e canto se botan en falta).