miércoles, julio 26, 2006


LITERATURA, RELIXION E SONGOKU. Non me digades que o dragon que aparece ai non e calcadinho ao que aparecia en Dragon Ball. Igualinho. En Xapon haivos figuras como estas por centos, o dragon e un animal simbolico, positivo, que ten poderes e no que ian montados os deuses. Por certo, non sei se sabedes pero a historia de Son Goku echevos china e evos unha das historias miticorelixiosas dese pais. O libro en cuestion e un tocho similar ao Quixote mais cunha carga relixiosa similar a Biblia. Chamase "Viaxe ao Oeste", escrito hai centos de anos por Wu Cheng En.
O LIBRO. Se algunha vez vos tedes perguntado de onde carallo tiran os budistas os Sutras, que significan, etc. Se queredes ler un clasico con drama, accion, amor, honor, moral e todo o que un home pode atopar no caminho vital e na via cara a iluminacion e a virtude, tedes que ler VIAXE AO OESTE (creo que ainda non traducido ao galego pero si ao castelan e ingles).
Esta "Viaxe" e o titulo dunha suxerente historia dun homemacaco que emprende o caminho duns 15000 quilometros entre a provincia china de Chang An e a india, para acadar un par de Sutras do Templo do Trono onde vivia Buda. O homemacaco atopa diversos amigos no caminho como un macaco que acada na viaxe a "via" e convirtese en maestro da transformacion (72 transformacions posibeis) e acada a arte da inmortalidade. Tamen hai un porco que e maestro na reencarnacion, un demo canibal que se convirte en boa xente e un cabalo branco que ten por verdadeira forma a do fillo do rei dragon. No periplo tenhen que loitar contra as inclemencias, facer 81 transformacions, 333 duros traballos e aguantar 999 tentacions para conseguir finalmente os Sutras.
Un clasico que hai que ler para sabermos algo mais da cultura budista e de nos mesmos.