domingo, julio 09, 2006




DE ONDE SE CONTA POR QUE OS CERVOS SON SAGRADOS. Por influencia da cultura China, os cervos cumpren a importante mision na terra de actuar como mensaxeiros entre os deuses e os mortais. En Nara, onde tirei estas fotos, conta a lenda que despois de teren construido o santuario de Kasuga, lugar onde habia ben de berracos, veu un destes deuses desde o quinto pino, non era Coristanco pero era ben lonxe, en concreto desde Kashima. O tipo seica veu montado nun cervo branco, e desde entonces este animal echevos considerado mensaxeiro divino. Na foto estou eu conversando cun deles e perguntandolle cando sae o calpita pa Perillo.

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

That's a great story. Waiting for more. » » »

8:33 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home