miércoles, julio 26, 2006




WESTERN STYLE?????? Cando vin iso o primeiro que fixen e quedar abraiado. Que significaban esas palabras para min? Non sei, algo asi como unha pelicula de vaqueiros, ou estilo de roupa occidental, ou comida con pan, non sei. Todas esas ideias eran as que me vinhan a cabeza cando lia esas palabras pero a partir de hoxe todo cambiou na minha vida.
Habera quen se leve as mans a cabeza e pense que son un coprofilico ou fanatico (otaku) dos urinarios, letrinas e cagadeiros de dios, pero non o podo evitar. Tratase dunha necesidade humana das mais necesarias e a vez placenteiras. A cousa e a rision e que este toilete estaba na metade da montanha, nun lugar no que habitualmente non hai ninguen pero para a minha desgracia ese dia estaba ateigado. Habia o FEIRON DE ARTEIXO. Madia leva. Enfin, dixenme eu, aproveito pra comprar unha chanclas, uns calcetins e un restra de chourizos. Pero hai de min, debeu ser que o dia anterior non comera arroz(todos sabemos a sua capacidade estringente), que me veu un apreton deses que te parten. E eu que me queria ir de vientre, vamos, que "el perrito ya asomaba el hocico" pero claro, ainda que era no meio do monte, con tanta xente ali "non podia sacar a lenha ao patio". E venha a procurar lugar reclinatorio pero nada, todo ateigado ate que vin o de "western style" e o meu corazon se parou. Deume un repeluco como cando te pos a mexar polas manhas. Sain escopetao, e tras comprobar o que se escondia detras da porta sen letreiro, ala foi a minha felicidade e o meu tormento. O western fora divertido.


MATSURI. A traducion seria algo asi como "fiestaca", mais en verdade non pasa dunha romeria ou romaxe. No veran fanse en Xapon centos de ritos relixiosos, que a similitude da na nosa terra, a xente celebra mais por repeticion sociocultural que por significado moralrelixioso. Podes ser un perfecto imbecil, ou mal cristia ou un mal budista, pero ali na procesion estaras en primeira fila e cos teus mellores trapos. Hipocresia. Pois ben, as rapazas das fotos, en plan sublimacion falica, adoracion inutil e tal e tal, escreben nun anaco de papel unha peticion para os deuses (normalmente queren amor ou saude, pero existe tamen o tipico gambitero que pide un bemeuve) e colgan a epistola na pola dunha arbore de bambu. Isto echevos o rito, pero arredor de todo isto esta a festa, en plan verbena, con tenderetes e comida por doquier, pero na que eu notei en falta tres cousas vitais para todo bon festeiro.

Primeiro: Non vos hai tenderete do perrito piloto.
Segundo: Musica so tedes a dos beatos a orar e ler sutras.
Terceiro: Sen musica non hai meneo. Sen meneo e puntatacon non existe o momento cartatico que en toda verbena que se precie supon o "PAQUITO EL CHOCOLATERO" eh, eh, eh. (Joe que ben o pasabamos nas festas do veran e canto se botan en falta).

LITERATURA, RELIXION E SONGOKU. Non me digades que o dragon que aparece ai non e calcadinho ao que aparecia en Dragon Ball. Igualinho. En Xapon haivos figuras como estas por centos, o dragon e un animal simbolico, positivo, que ten poderes e no que ian montados os deuses. Por certo, non sei se sabedes pero a historia de Son Goku echevos china e evos unha das historias miticorelixiosas dese pais. O libro en cuestion e un tocho similar ao Quixote mais cunha carga relixiosa similar a Biblia. Chamase "Viaxe ao Oeste", escrito hai centos de anos por Wu Cheng En.
O LIBRO. Se algunha vez vos tedes perguntado de onde carallo tiran os budistas os Sutras, que significan, etc. Se queredes ler un clasico con drama, accion, amor, honor, moral e todo o que un home pode atopar no caminho vital e na via cara a iluminacion e a virtude, tedes que ler VIAXE AO OESTE (creo que ainda non traducido ao galego pero si ao castelan e ingles).
Esta "Viaxe" e o titulo dunha suxerente historia dun homemacaco que emprende o caminho duns 15000 quilometros entre a provincia china de Chang An e a india, para acadar un par de Sutras do Templo do Trono onde vivia Buda. O homemacaco atopa diversos amigos no caminho como un macaco que acada na viaxe a "via" e convirtese en maestro da transformacion (72 transformacions posibeis) e acada a arte da inmortalidade. Tamen hai un porco que e maestro na reencarnacion, un demo canibal que se convirte en boa xente e un cabalo branco que ten por verdadeira forma a do fillo do rei dragon. No periplo tenhen que loitar contra as inclemencias, facer 81 transformacions, 333 duros traballos e aguantar 999 tentacions para conseguir finalmente os Sutras.
Un clasico que hai que ler para sabermos algo mais da cultura budista e de nos mesmos.

EXEMPLO DE PREZO NUN RESTAURANTE. En Xapon no escaparate, en lugar de por a tipica fotografia, ponhen unhas imitacions feitas en cera que realmente parecen de verdade. Aqui tedes alguns prezos, para que vos fagades unha ideia do que hai que ir aforrando

martes, julio 25, 2006


MENTE PINOCHO MENTE!! (diria a rapaza). Non. Non se trata de Pinocho pero poderia selo. O nome deste picaro echevos o de Tengu e tratase dun dos seres lexendarios da mitoloxia xaponesa. Estes duendes moran nos bosques e tenhen poderes sobrenaturais como a capacidade de transformarse en animal ou ser humano, falar sen mover os labios en plan Macario ou a capacidade de teletransportarse e introducirse nos nosos sonhos. Tratase dun habilidoso guerrero que disfruta dando leccions aos que abusan e chulean. O que esta aqui representado vive no monte de Kurama, nun templo onde antigamente vivia un importante nobre do seculo XII. Este nobre chamado Ushiwakamaro queria ser monxe pero no seu budista adestramento atopouse co Tengu que lle ensinaria a arte da espada.
Ao mesmo tempo, en Kyoto, vivia Oniwakamaru ou Benkei, monxe guerreiro e o mellor da espada. Prometera reunir mil espadas para pagar a construcion dun tempro. Cando tinha 999 esperou nunha das pontes de Kyoto (en Gojo) para acadar a ultima, mais nese instante pasaba por ai UShiwakamaru quen tras longa loita ganhou ao seu rival, prometendolle o outro fidelidade eterna. Ainda hoxe a palabra Benkei serve en xapones para dicir que alguen e fiel.

martes, julio 18, 2006


COMPUTADOR. Por problemas coa maquina (eternos) creo que ate a semana que ven, ate o mercores ou asin, o menda non pode actualizar nada, pero cando regrese fareino con gran forza. Desde aqui un saudo para a minha xente e para os que len (non so este blog). Animo para Pereiro no tour ate a semana que ven.


SUIHANKI. Donas e cabaleiros. Cantas veces tenho escoitado a minha nai dicirlle ao meu pai "Jose Mario, que sempre se che queda pegado o arroz!!". Pois ben, con este invento xapones que traducido ao cristia seria "mete arroz e auga e xa tes a pitanza pa panza" o problema do meu pai acabouse. O aparello este non pode faltar en ningunha boa casa cristia que se precie. Sabedes ben que a xente de aqui recibe o carinhoso apelativo de "comearroces" e se fama ten e que auga leva ou algo asin.
Na minha casa tamen temos un para diario, a falta de pan bo e o arroz.




DESFEITA. Foi un dia destes que non tes nada que facer e vai e decides cortar o pelo. Como aqui os perruqueiros non vos son baratos (mais ou menos 20 euros) decidin comprar unha maquina desas que ate un cativo pode utilizar. 15 euros me custou pero ai de min, diabolico invento.
Minha nai xa mo dicia pero eu sempre fixen o que me sae da brenca asi que decidin por min mesmo e sen outro tipo de axuda que as minhas parkinianas mans rapar a cabeza. No principio a cousa non ia ben e non cortaba asi que decidin quitar todo canto regulador habia e ZAS (a aldea dos avos)..., a desfeita xa estaba feita. Mi madrinha, a que armara, ao fin, despois de intentar solucionar a cousa, despois de chamar a LLongueras todo quedou en plan indio amazonico, deses que se denominan tupis e que non pasan do metroemeio. O susto vai durar unha semana, xa se sabe, pelo mal cortado en siete dias igualado.

domingo, julio 09, 2006


COMESTIBLES. A cousa de Xapon, o segundo ou terceiro pais mais caro do mundo, echevos que a comida nos supermercados esta polas nubes. As cousas mais caras son a fruta, o peixe e a carne, por ese orde. Mais o que ainda non puiden entender evos como pode ser que se vas a un restaurante o prezo te sae tirado e bebes case canto queres (tamen podes repetir arroz). Na foto temos dous pratos de comida rapida xaponesa, que saen polos 600 ienes que ao cambio ven sendo uns 4 euros con 50 centimos. Mais que asequibel.


NIKUYAKI. A traducion ao cristian ven sendo "carne grellada". Esta deliciosa comida entrou en xapon via koreana (na foto as amigas son coreanas) e tratase de coller a carne crua e ti mesmo grellala cos condimentos que gostares e pasando algo de calor. Este restaurante en particular non era moita cousa, iso si, tinha un "nomijodai" (non, non ben sendo "non me jodas". A traducion seria algo asi como "bebe ata fartar e paga pouco". En concreto por 6 euros podias beber tanto como quixeras) ben asequible. A cousa de que sea interesante este tipo de restaurantes evos que normalmente por aqui a carne anda polas nubes, e nestes paladares podes comer canto quixeres a un prezo mais que razoabel.



DE ONDE SE CONTA POR QUE OS CERVOS SON SAGRADOS. Por influencia da cultura China, os cervos cumpren a importante mision na terra de actuar como mensaxeiros entre os deuses e os mortais. En Nara, onde tirei estas fotos, conta a lenda que despois de teren construido o santuario de Kasuga, lugar onde habia ben de berracos, veu un destes deuses desde o quinto pino, non era Coristanco pero era ben lonxe, en concreto desde Kashima. O tipo seica veu montado nun cervo branco, e desde entonces este animal echevos considerado mensaxeiro divino. Na foto estou eu conversando cun deles e perguntandolle cando sae o calpita pa Perillo.