viernes, junio 30, 2006


OUTRA VEZ ERREI COA FOTO. Xa me patina o cerebro por tanto exceso de arroz. A definitiva, o nome do meu amiguinho.


ERRO. Aqui esta a foto co seu nome. Comparade co meu.


COMPARAR NOMES. Nisto dos nomes haichevos variedades ben distintas. Se vedes ben as fotos podedes comprobar a lixeira diferencia entre o meu nome galego e o do meu amigo. Fican atras os Segismunda, Cloridea, Eustorgio ou Gerono. Agora na minha clase tiven a oportunidade de ver cousas que poden sorprender ao mais sabio. En Xapon e en China os nomes sonvos mais ben curtos, co so o apelido do pai (lembremos que esta e unha sociedade ben machista). Mais caso curioso echevos o do meu amigo Lansakara Herath Mudiyanselage Dhartmaratne Dhanushka Nuwan, asi todo seguido, a machete e para morrer por insuficiencia respiratoria. A cousa ten delito, na comisaria, cando fixo o carnet preguntaronlle se queria un anexo, e o funcionario que redactaba o seu expediente tivo que facer intervalo no medio para tomar o bocata, non fose que morrera por desnutricion ou falta de rego. Joe co tio, que valor, que chuleria. -"E ti como te chamas?" - Lansakara Herath...
O meu longo amigo venvos de Sri Lanka, capital Colombo, ali, ao lado da India. Como o nome non ten perdon de dios, nos por aqui chamamolo por EL Darnu, aiiiii el Darnu (Dhanushka) e en verdade resultavos un rapaz ben simpatico.

viernes, junio 23, 2006





SAKE E veña a darlle ao sake con ganas, asi, con xenerosidade xesuita, e veña pa dentro e eu veña a repartir e dicir que as copas as carga o diabo, que bebede con sentidiño, que ides acabar malamente, que sodes xente regulera. Consecuencia. A xente fai o que lle sae da trenca e acaba melopeica perdida, cun ollo mirando pa cuenca e o outro pa albacete, chamando a rauuuuuuuuuuuuuuuuuul (onomatopeia de o acto de vomitar) en cada esquina da rua. Coitados meus homiños.


TRENS





Mais fotos de templos.

lunes, junio 19, 2006





WORCAP. E comezou o mundial. Aqui se vive case como na España, e iso que o nivel do futbol non é tan elevado. A xente os dias que xoga Xapon sae a rua en mesa e mesmo alguns van a armala. Aqui tedes algunhas fotos do primeiro xogo contra Australia, no que pasan de ir gañando 1-0 a perder 3-1 nos últimos 5 minutos. Coitados meus homiños. Algunhas cariñas.
TREN. O tren en Xapón é igual que para os galegos a vaca. A sua puntualidade, o silencio, o bo servizo e a seriedade define a estas xentes. Os fulanos que guian os trens van todo farrucos, como quen piloto un avion de combate, van cantando a xogada aos pasaxeiros. O tren en Xapón é parte esencial das vidas pois sería imposíbel que toda a xente fora en coche (como na Galiza) aos seus lugares cotiás.
A variedade de trens é inmensa e como son privados cada compañía ten a súa curiosidade.




KINKAKUJI e máis templos dentro da cidade.

ESTUDANDO EN MACDONARDOS. Os xaponeses non é que sexan moito de andar en grupo no seu país mais aqui tedes unha foto de un grupo de estudantes dandolle un pouco ao cerebro nun restaurante de comida rápida. O curioso é que nós, os autores da foto, xa andabamos todo chispaos porque a hora xa o reclamaba (eran iso das 2 da madrugada dun dia calquer).

AS VEGAS


Homes martini listos pra matar (o da foto somos eu e o meu profesor de xaponés, Kurita sensei).



BICHOS. É quizais o pior de Xapon. Aqui a nada que abras a xanela en tres minutos tes máis furado o corpo que un murciANO nunha area de servizo. En verán énchense deles, mesmo nas cidades. Aquí, ainda que vos pareza mentira, estamos como na Ronda de Outeiro da Coruña, no meio da cidade aínda vos hai leiruchos nos que a xente pranta arroces e máis arroces. No meio desas augas hai están todos eses chupóteros cabróns que como te pillen mal non te deixan dormir. É neste momento cando me asaltan perguntas existencialistas do tipo: De onde vimos?, onde vamos?, cal á a capital de Arrabia Saudita (Ryad, Riad Riaud, Jartum, ou Coristanco)? e a máis importante, por qué carallo os xapos non comen pan en vez de arroz?



KINKAKUJI. Neste lapsus temporal tiven tempo de visitar ainda máis e máis templos (e isto non acaba nunca). En Kyoto e arredores tedes locais de culto a fartar, de todos os tipos e relixións: sintoistas, budistas, cristiáns, cristiáns católicos apostólicos romanos, presbiterianos, ortodoxos, heterodoxos, heterodoxos marianistas, luteranos e sobre todo Karaokes e Pachinkos.
Quizais o máis famoso templo de Xapon sexa o Kinkakuji. Non só porque estexa feito de ouro senon porque non hai moitos anos que ardeu e di a lenda que foi o trallado de Yushio Mishima, o famoso e trallado escritor, o que lle prendeu lume. Aqui tedes algunhas fotiños .
MINHAS DONAS E MEUS SENHORES. Perdoen esta longa interrupcion temporal do blog. Habera quen pensara que xa morrera. Case. Isto dos virus eche cousa moi complicado, sobretodo os informaticos. Asi que aqui me atopo eu outra vez, sen poder usar "ENIE" nen "ACENTOS" pero intentando recuperar este cascao computador. En fin, que de volta cos meus, perdoade a ausencia e un abrazo desde Kyoto.