sábado, mayo 13, 2006




Ryokan. Por ryokan as xentes de por aqui non entenden un rio cheo de cans, ou alguen que ri como un can. Ryokan é un lugar de parada para o turista e no cal pode disfrutar dunha pousada seguindo os costumes tradicionais do Xapon.
No ryokan ao que fun en Okayama, puiden introducir o meu turxente e esbelto corpo nas augas aclimatadas dun "onsen" (casas de baños bastante abundantes por aqui xa que aproveitan as augas quecidas coa natureza volcanica destas illas). Nestes lugares bañamonos todos en porrancha viva, por iso puiden facer un estudo preliminar e propedeutico da natureza fisica dos oriundos destes lugares. Con subterfuxias mirada e ollos gatunos puiden confirmar algunhas suposicions previas dos individuos de por aqui. Por exemplo, gastan pouco cabelo polas pernas, tronco e zona púbica. Ademais, ainda que están mais delgados que os nosos machos montescos, calzan tresbarriga como hai dios. O bendito alcool que beben e bebemos con contumacia, deleite e afan orxiastico e desinhibidor fai que o bandullo dos nipons sexa similar a un embarazo de tres meses. Ao non ter nada de pelo, a sensación de ver os seus corpos é algo estraña.
Ah, o mito sobre o gabrielo asiatico que tantas perguntas levanta entre o sector femenino moito me temo que é verdade, e aqui aforran bastante en plastico porque os preservativos fabricannos con escasos dez centimetros de latex. O pendello asoma escaso e con a cabeza descoberta, ao bravo pero con timidez de caracol. Non sei se co calor asoma algo máis, pero pa toureiro non valen, non. Coitadas elas.
O ryokan era a caña, un luxo de lugar, unhas comidas das raras pero de gran calidade e un retrete -me cago no retrete e nunca mellor dito-. Un señor retrete.

3 Comments:

Blogger Marisa said...

Gracias por despejar semejante duda existencial femenina :-D
Y sigue con esto que me encanta ver el país nipón desde tu punto de vista y experiencia.

Bicos

10:56 a. m.  
Anonymous Luís (Téxtil) said...

Home, para que che vou mentir, a min tamén me preocupaba ter o instrumento máis diminuto do planeta. agora xa sei onde teño os meus ancestros, os meus orixes. Grazas Iago, non sabes o ben que me sinto.
Deica.

7:17 p. m.  
Blogger galegonosolnaciente said...

Ja ja ja. Pois eu creo que venho de africa

4:18 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home