viernes, mayo 19, 2006



CARAVANAS. Deporte nacional do Xapon, aqui en canto hai dous dias seguidos sen traballar xa vos podedes imaxinar os tapons que se forman nas estradas. O xaponés é unha persoa paciente, á que non lle importa facer unha cola quilométrica se con iso vai acadar algo. Os findesemanas y fiestasdeguardar, todos saen das cidades a matacaballo, veña coches e mais coches, saen a cascoporro e calquer miserable lugar enchese de comearroces nun periquete. Alí onde haxa algo que ver, ali hai un xapones (non hai que esquecer que xapon é un pais con unha extension bastante menor que a de españa pero no que viven 120 millons de persoas -en españa 40-).
Pero os tios, hai que recoñecer que o teñen ben montado. As fotos que vedes ai non son do feiron de Arteixo nen da festa da pataca de Coristanco. O lugar ese évos unha misera estación de servizo de unha autoestrada non moi importante. Ali so faltaba a tombola e o perrito piloto.

2 Comments:

Anonymous luis(Téxtil) said...

Sempre pensei que no Xapón non se ausentaba un do traballo máis de oito horas. Digo eu que iso da gasolineira SERÁ COUSA DALGUNHA OFERTA TIPO 2x1, non é? pregúntome eu, que carallo farías ti alí?
Deica

6:21 p. m.  
Blogger galegonosolnaciente said...

Boa pergunta. Xa se sabe que as areas de servizo das autoestradas son lugares frecuentes de encontro de gayers.

4:22 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home