viernes, mayo 26, 2006




BARSA OU DEPOR? E alá vamos todos os meus amigos e eu a ver a final da champions ligue. En España a hora do partido era benévola pero aqui tiñamos que esperar ata as 3.45 da madrugada para velo. Solución: irnos de verbena (que bonito palabro). Mércores noite, haberá algun sitio aberto en Kyoto?. A disco, vamos a disco, entramos na disco, con todo o morro, sen pagar. A xente que había ali tiña pinta regulera pero ole mis cojones de aventura.Veña a bailar e toma toma toma ao mosto. Aqui non hai o viño zagarrón que consumimos con ollos fechos nas verbenas de Ordes e Ponteceso, pero os cubalibres voaban a cascoporro. E asi foi, que enchegandonos á hora do partido estabamos todos como para facer o psicotécnico. En vez de xogar o Barsa parecia que o que gañaba era o Depor. Ali todos xuntos, tirados no chan. Houbo algun que me tocou a cebolleta. E veña celebracion e cánticos da nosa terra, e iso que haiche algun que na sua vida viu unha PILOTA.