sábado, mayo 27, 2006


FESTA. A festa aqui diferenciase en que non se bebe moito alcool, perdón, non se bebe a cantidade inxente que con libinosidade bebemos na nosa casa. Ainda asi, semella que a xente cando toca lerelerele muda e faise moito mais aberta. Asi como no dia resulta dificil entablar conversación cos xapos, na noite a cousa échevos ben máis fácil. Sempre me considerei esperto en señalética cósmica e en saber que mulleres son receptivas e cais non, pero estas tres mulleres da foto coas que sempre tento falar nunca me fan nen ....caso.

NA CLASE TODOS MOI ESTUDOSOS E COMPETENTES

viernes, mayo 26, 2006



OUTRA DESAS FIESTACAS. Outra desas fiestacas, asi, das nocturnas, de poñernos hasta el ojete. O meu sueco amigo, Patrik, daballe ao alpiste que era cousa fina:
- Dasme 100 yens?
- Pero para que os queres?
- Pois para que vai ser! Para churrar, para beber, para poñerme chotuno.
- Non me toques os guevos que con pouco vou..
(tradución do inglés da miña conversa co meu compañeiro de tuna Patrik)

Paf, soou o primeira hostia do reves da noite (que particularmente me gustan mucho de darlas). Unha tollina en la cepa la oreja pode ser as veces a solución contra a estulticia alcoolica. Reacción para comprender: Ata aqui chegamos, rapaz!! Risas e seriedade en canto aparecen as primeiras "onnas" (mulleres) da noite.

- Ti que eres máis, de tetas ou de culos?
- Pero é que hai que elexir? A min un bo cu si que che me gusta ben, pero eu sempre fun moi de tetazas. Isto a min me vén das miñas terras natalicias, da Suecia interior, onde as mulleres non eran como aqui. (Inciso na conversación: En Xapon as mulleres e homes sonvos nun 90% delgados, no peso xusto. A alimentación e a monotonia conserva os seus corpos áxeis durante anos e anos). Na miña escandinavia querida levabanse as forrandescas, as ternescas, asi, con un buen par de .....
(continua a traducion)

E asi pasou a noite, entrando e saindo de lugares, buscando a diversión que nos levamos dentro e comprobando que na noite, mesmo en Xapon, todos os gatos son pardos e que se es estranxeiro e ademais vas chispao, as relacións prematrimoniais sonvos moito mais faceis.

- E ti de onde eres? -perguntou unha rapaza-.
- Io sonno italiano. - respostou o galego rapaz-.
E jejeje e jajaja e a noite pasa como na Galiza pasarán.

FIESTACA: A xente que sae aqui non se priva de nada. Le da al tarro, le tira a los palomos, se chufa al frasco, está todo o dia borracho. Os homes de mentalidade clasica non entenden a diversion sen comida nen bebida. Asi é que ibamos todos chispaos, coas largas postas. Ao dia seguinte non queda outro remedio que o típico antidoto para as resacas, o batido de cafe, cazalla e orines de paxaro tordero.



BARSA OU DEPOR? E alá vamos todos os meus amigos e eu a ver a final da champions ligue. En España a hora do partido era benévola pero aqui tiñamos que esperar ata as 3.45 da madrugada para velo. Solución: irnos de verbena (que bonito palabro). Mércores noite, haberá algun sitio aberto en Kyoto?. A disco, vamos a disco, entramos na disco, con todo o morro, sen pagar. A xente que había ali tiña pinta regulera pero ole mis cojones de aventura.Veña a bailar e toma toma toma ao mosto. Aqui non hai o viño zagarrón que consumimos con ollos fechos nas verbenas de Ordes e Ponteceso, pero os cubalibres voaban a cascoporro. E asi foi, que enchegandonos á hora do partido estabamos todos como para facer o psicotécnico. En vez de xogar o Barsa parecia que o que gañaba era o Depor. Ali todos xuntos, tirados no chan. Houbo algun que me tocou a cebolleta. E veña celebracion e cánticos da nosa terra, e iso que haiche algun que na sua vida viu unha PILOTA.

viernes, mayo 19, 2006





CASTELO NEGRO DO CORVO. Okayama e vistas desde pequena montaña á que subin. (Por certo, se tedes valor de adentrarvos nas florestas e montes destes lugares, ide ben provistos de aután para os mosquitos e de unha rede para a cantidade de arañas, orugas, escarabellos, monos, e merdas varias que vos hai por aqui. O que aquí suscribe, despois de subir a este pequeno monte tivo que ser tratado psicoloxicamente. Cando consigues sair do bosque senteste suxo e cheo de restos de teas de araña, de picaduras, todo o corpo a rañar aggggg, me cago nos restos organicos e me cago no inventor do gusano repollero, dos odonotatos, dos dipteros e na entomoloxia en xeral).


CARAVANAS. Deporte nacional do Xapon, aqui en canto hai dous dias seguidos sen traballar xa vos podedes imaxinar os tapons que se forman nas estradas. O xaponés é unha persoa paciente, á que non lle importa facer unha cola quilométrica se con iso vai acadar algo. Os findesemanas y fiestasdeguardar, todos saen das cidades a matacaballo, veña coches e mais coches, saen a cascoporro e calquer miserable lugar enchese de comearroces nun periquete. Alí onde haxa algo que ver, ali hai un xapones (non hai que esquecer que xapon é un pais con unha extension bastante menor que a de españa pero no que viven 120 millons de persoas -en españa 40-).
Pero os tios, hai que recoñecer que o teñen ben montado. As fotos que vedes ai non son do feiron de Arteixo nen da festa da pataca de Coristanco. O lugar ese évos unha misera estación de servizo de unha autoestrada non moi importante. Ali so faltaba a tombola e o perrito piloto.

martes, mayo 16, 2006



LISTOS PARA DESPEGUAR. Dous matizes importantes sobre retretes que ainda me pasaron por alto. Alguns xa pensaran raro sobre o meu inusitado interese coprófilo. Que non cunda o pánico, este tema era ignoto para min ate que cheguei aqui. E é qee a variedade de inodoros e a sua complexidade de uso deume que pensar. Cando vin o que tedes aqui retratado quedeime como os coellos cando lles poñen as luces largas, pois iso, privao. Que surpresa a miña, que artefacto, semellaba un sputnik ou unha cadeira de saida de emerxencia dos avions de combate. Aí tedes a miña cara despois de (por descuido) premin o boton de limpeza hidraulica dos bajos fondos. Que sorpresa, que lavativa directa ao esfinter. Parecia un buzon de correos, co sorriso de orella a orella. Creou dependencia o condenao.
Outro matiz interesante sobre o mundo do toilete é o tamaño do papel hixienico. Aqui non sei se é que gastan uns culazos, pero o papel da nosa terra ten a tira de cortado a uns dez centimetros e a nada que tires saeche un corte de ciruxan. O papel de aqui, tiras e quedas con cara de parvo e co rolo de papel to destrozao. A tiras de cortado están moito mais distanciadas e durante mais dunha semana, debido ao automatismo do proceso de defecación (corre-sentar-cagar-limpar-lavarmans(se é menester)-e sair escopetao para que o tufo non te contamine) todos os rolos de papel quedaban destrozados, con fios de celulosa por todo o baño. Curioso elemento o tempo.

sábado, mayo 13, 2006




Ryokan. Por ryokan as xentes de por aqui non entenden un rio cheo de cans, ou alguen que ri como un can. Ryokan é un lugar de parada para o turista e no cal pode disfrutar dunha pousada seguindo os costumes tradicionais do Xapon.
No ryokan ao que fun en Okayama, puiden introducir o meu turxente e esbelto corpo nas augas aclimatadas dun "onsen" (casas de baños bastante abundantes por aqui xa que aproveitan as augas quecidas coa natureza volcanica destas illas). Nestes lugares bañamonos todos en porrancha viva, por iso puiden facer un estudo preliminar e propedeutico da natureza fisica dos oriundos destes lugares. Con subterfuxias mirada e ollos gatunos puiden confirmar algunhas suposicions previas dos individuos de por aqui. Por exemplo, gastan pouco cabelo polas pernas, tronco e zona púbica. Ademais, ainda que están mais delgados que os nosos machos montescos, calzan tresbarriga como hai dios. O bendito alcool que beben e bebemos con contumacia, deleite e afan orxiastico e desinhibidor fai que o bandullo dos nipons sexa similar a un embarazo de tres meses. Ao non ter nada de pelo, a sensación de ver os seus corpos é algo estraña.
Ah, o mito sobre o gabrielo asiatico que tantas perguntas levanta entre o sector femenino moito me temo que é verdade, e aqui aforran bastante en plastico porque os preservativos fabricannos con escasos dez centimetros de latex. O pendello asoma escaso e con a cabeza descoberta, ao bravo pero con timidez de caracol. Non sei se co calor asoma algo máis, pero pa toureiro non valen, non. Coitadas elas.
O ryokan era a caña, un luxo de lugar, unhas comidas das raras pero de gran calidade e un retrete -me cago no retrete e nunca mellor dito-. Un señor retrete.

martes, mayo 09, 2006





HANA.Flores e mais flores. Explosion de cores.






GOLDEN WEEK. As xentes oriundas destes lares teñen por costume traballar case todos os dias do ano pero por estas datas permitense a licenza de tomarse cinco dias de relajo e caravanas de coches. A isto chamanlle a Golden Week e é o maior periodo vacacional do ano.
Eu, por asemellarme ao que me rodea, tamen aproveitei o tempo e ala me fun, de visita familiar, a comer, a beber e a disfrutar da boa vida que nos pode dar Xapon. Nas fotos alguns dos fermosos lugares que ten a natureza deste pais.