miércoles, abril 26, 2006



VERBENERO. Alá vou eu cos colegas de clase, en plena noite de Kyoto, findesemana, vernes noite na tua casa ou no coche, sorprendenos a pouca xente que hai (quizais polo grande da cidade ou polo noso descoñecemento siderurxico, petroquimico e de onde están os lugares de lenocinio, cuchipandeo, copeteo e demais -ben é certo q os primeiros é facil de encontralos pola sua exuberante proficuidade-). Entramos en salas de maquinas, grandes como todo o Orzan; xente a xogar coa música movendo as mans ao ritmo. Velocidade infernal dificil de seguir cos ollos e iso que so caera unha cervexa -no chan, o resto xa ia dentro-. Metemonos nun bar de "Soca", usease, o futbol daqui. E ali nos poñemos os suecos e eu a ver en diferidisimo o partido do Barca contra o Milan. Baixan algunha cervexa mais, sake e sake (os amigos do etilico e metilico q preparen o peto. A cervexa no super ou no combini (24horas) vai sobre os 2 euros e nos bares entre 3 e 4. O estraño e q o juisky é carisimo pero xa teño fichado algunha garrafa de bacardi a prezo de galicia). Pasa a noite, o ingles nos comunica e tamen nos afasta de xapon, entramos en garitos enanos e "dame dame", noso sinal de retirada. Meia volta e pa casa, alguns mais contentes que outros. Eu como sempre, ben.

2 Comments:

Anonymous Luis said...

Ben se ve ca garimba non che é coma a de A Grela. Non me estraña nada que despois fagas as deposicións que fas. A verdade que nos tes informados de todo pero non é preciso que profundices tanto.
Moitos bicos. Pasao ben. Deica
Luís (Téxtil)

12:13 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Haí Luis tú siempre tan perspicaz, pero en eso te doy la razón, no tiene porque especificar tanto. Ya sabemos lo que es ir al baño, no será por las veces que el gallego ajaponesado se cagaba en el trabajo con sus míticas frases (cuando algo no le salía como él quería) ej.: ¡Me cago en San Antonio de Coristanco!

4:45 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home