viernes, abril 14, 2006

SAKURA. Estamos no tempo da Primavera e todos sabemos o que iso significa, a vida, a fertilidade, a reproducion, o sexo, a semente, o nacemento, o cambio de etapa, do caos ao cosmos, á cosmetica, á orde natural das cousas, da inmundicia do inverno ao Mundo (mundo etimoloxicamente significa limpeza, orde). Por iso comezo dicindo que Iago é tio por primeira vez, o meu irman tivo un filliño chamado Paulo, chega un xoves santo, dia máxico, de reflexion onde a nosa cultura cristiá (sexamos ou non crentes) debe reflexionar e redimir os pecados, do frenesi do carnaval, do culto a baco e ao Priapo, ao sexo ante a iminente chegada da Primavera, pasamos á cuaresma e á semana santa, onde a humanidade reflexiona sobre os seus pecados e sobre que queremos facer da nosa vida. Paulo faime feliz e faime reflexionar sobre que queremos facer connosco, coas nosas vidas, e que queremos facer do futuro, do noso e do del. Reflexion, recapacitacion e redencion, para que o que fixemos mal non volta ocorrer, para o que soñamos e non facemos suceda, para ser bos, para ser mellores, para chegar á virtude e que el o vexa, que el o sinta, e que a nova vida da Primavera alegre a nosa efimera estancia (efimera para alguns, eu serei eterno, seino) e vexamos as flores e a vida coas cores que ela nos regala.
Sakura en xapon é quizais a festa mais importante. Tratase da celebracion do abrochar das flores pero en especial do hanami a flor da cerdeira (cerezo) e tamen das cirolas. As árbores fan unha paisaxe de cores onde o branco é predominante remitindonos outra vez a un inverno que sabemos xa foi ido. Na festa do sakura, a xente de aqui reunese coas suas familias e fai algo asi como unha romaxe, festas no campo onde comen e sobre todo beben embaixo destas espectaculares arbores (para que?, sen dubida que antigamente era para trincar, agora é mais facil).
A xente feliz, acelerada polo alcool recordame a miña terra e faime sentir como alá, todos unidos, en paz e de festa. NAS FOTOS TEMOS A PREPARACION DA FESTA, A NOITE MÁXICA DE PALABRAS, AMIGOS, COMIDA E ALCOOL E COMO ESTE TRASTORNA A NOSA OLLADA E AS VECES NOS FAI MAIS FELICES (estamos Hegel de alemáña, Odia, a yanki, Iago o galego, Sachiko, Andrew e Chisa)