viernes, abril 07, 2006




O PRIMEIRO MONTE. O meu primeiro contacto coa montaña foi o monte Hiei, ao lado de Kyoto. En teoria desde a cima se divisaria todo o val de Kyoto e ao outro lado o lago Biwa. A practica foi outra, con toda a luz e o smog (contaminacion)que hai, a penas podia ver abaixo do val, unha pena.
A excursion comeza na miña casa, vou en bici uns 15 km, guiandome cuns supermapas escritos en kanjis (un dos tres tipos de letras que hai en Xapon. O hiragana e o katakana serian os alfabetos, ate ai chego, os kankis son mais de 60000 e son a cousa mais complicada do mundo)co cal, no caso de perderme un centimetro do mapa , alá vai a excursion ao carallo. Despois de aparcar a bici nun descampado, comezo a subir por onde me leva o instinto ou os collons, to dereito pa riba. Asi, a matacaballo me papo 700 m de desnivel en apenas 2 horas, ao animal. No meio da subida noto por primeira vez esa humidade (non pensedes mal, cacho porcos) que te abafa e te deixa tan cansado. Escoito o son dunha frauta e penso que son imaxinacions, quen carallo vai tocar por estes lares, un elfo ou un dos Ricardo Reis coidando das cabras e facendo composicions bucolico-pastorís. Chego a uns telesféricos e descubro como está de civilizada, urbanizada, privatizada e masificada a montaña. Unha loucura. Menos mal que eu tiro polas xestas e os sinais de pouco me valen. Asi, guiandome polo grelo e o sucedaneo de mapa que levo, chego a un templo espectacular, ali, no meio das matas, da floresta, incrustado entre toda a tupida vexetacion está a cuna do budismo en Xapon. ENRYAKUJI. Xunto co Koya e o Osore, son as tres montañas sagradas por excelencia. Sen comelo nen bebelo acabo nun lugar mitico. Sorte ou o sino.