sábado, abril 15, 2006




HAKA, CEMENTERIOS. Todos sabedes da miña incipiente necrofilia, sobre todo no tocante a eses lugares máxicos e de dubidoso gusto que son os cementerios. Normalmente me gusta ver como son estes lugares de tránsito ou de corrupcion (segundo as crenzas) nas diferentes culturas. Asi, nas miñas pequenas viaxes a Marrocos ou por España sempre estiven interesado en achegarme a ver como eran os seus respectivos nichos. Non sei se isto ocorre por casualidade ou hai algo no subcosciente que nos guia, pero a verdade é que so ou acompañado sempre acabei topando con algunha necrópolis (desde entradas con nocturnidade no de Orillamar a neboentas travesias con restos humanos e osos no meio do Camiño de Santiago).
Cando estaba a vivir en Portugal, aos que se achegaban a visitarme para que lles ensinara o lugar, sempre acababa levandoos ao cemiterio. Ali observaban a morbosidade portuguesa por ensinar fotos do finado e ter o cadaleito á vista do personal. Pervertidos!.
En Xapon sorprendeme o pouco trato que se lles dá ou se cadra o pouco gosto que teñen por eles. Non sei se por falto de espazo ou por xuntar alfa e omega, principio e fin, entrada e saida, os cemiterios atopanse moitas veces no meio da cidade, entre enormes edificios. O contacto con esa outra dimension é inevitabel e a min remiteme a esa idea romantica e neboenta que tiñan os de antano mentres que á xente de aqui provocalles indiferencia e algo de medo.
NA FOTO CEMITERIO QUE SE VE DESDE A XANELA DA MIÑA AULA E TAMEN O ALFA E O OMEGA, AS PORTAS DA OUTRA PARTE.

4 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Aqui tivemos a vixilia pascual,onde renace a vida luz,auga simbolo do novo da alegria,tua nai mais eu gozamos desta liturxia chea de vida e de amor,resucitados con vida compartida coa natureza e con toda creación pois todos dependemos de todos compartindo a nova vida que non ten fin porque é amor.

9:27 a. m.  
Anonymous Atreides said...

Hola rapas.

Tes que informarte de si os enterran de pe, porque os nichos non son moi pequenos?

9:51 a. m.  
Blogger galegonosolnaciente said...

O sistema xapones eche practico. Churrascada e logo pa terra. O espazo é vital.

12:53 a. m.  
Anonymous Atreides said...

Me cago en to. Si lle digo a miña nai que a paso pola parilla entón si que iba a ver mortos.

1:02 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home