domingo, abril 02, 2006

CAMARA DIXITAL. Onte tocou voltar a Osaka. Non é que en Kyoto non haxa cámaras pero creo que en Osaka hai un bairro que é como o Akihabara tokiense, onde podes encontrar toda a tecnoloxia do mundo e a prezos asequíbeis. O difícil é chegar aqui.
Collo un tren en Nishikyogoku. O Hankyu (nome deste tren) custa 390 iens (mais ou menos 3 euros) para unha viaxe de 40 quilometros. Chegados a estacion de Umeda, en Osaka, descubro horrorizado o difícil de viaxar en Xapon se non controlas o idioma. Joé, isto é enorme. O underground é quilometrico e con centos de entradas e saidas. Aqui abaixo resulta imposible orientarse. Hai desviacións, tendas, centros comerciais, todo como metido embaixo da terra. Conseguimos sair e nos diriximos a pe ate Namba, a zona mais comercial. Pergunto para ir a pe até aqui e a peña fica flipada "Aruite!!!!" (que se pode traducir como "A pé!, ti estas jamado). Pois vamos andando pola cidade de Blade Runner, todo futurismo, autoestradas, rañaceos, xente con estéticas de todo tipo (que chavalas!) (En breve escreberei sobre as diferentes tribus, incluindo fotos) e comidas e luces e sons que non deixan pensar con claridade. En Namba está Nipponbashi, a rua da electronica (e cerca a da perversión e o sexo). Entramos en centos de tendas e centros comerciais. Recomendo mellor ir a unhas tendas mais "pequenas" de tres ou catro pisos e con duty free. Aqui hai mais diferenzas de prezos que nas grandes superficies. Despois de buscar moito e comparar prezos (podes aforrar entre un cuarto e un terzo), decidome por unha. O fulano da tenda non mo quere vender porque é a última da tenda e tería que levar a de exposición. Eu insisto porque está case a metade de prezo e vou aforrar case 80 euros con respeito a España. O tipo que non, a ensinarme outras e dicir que Fuji é mellor ou eu que sei. Ao fin, e sen utilizar a frase "benkyou shite kudasai" que en xapones significa "estude por favor" pero que en Osaka e neste contexto significa "baixamo prezo oh", consiguo levar a camara que tiña un prezo inicial de 29800 iens por 23500 (175 euros mais ou menos). O mesmo modelo en España custa 250.
Xa teño camara pero estou cansadisimo. Tantas tendas e estimulos deixanme valdado. Camiño pola rua para coller o metro de regreso a Umeda. Primeiro visito a ponte de Ebisu, famosa en Osaka e que está petada de xente (Todo está petado de xente, resulta difícil camiñar). Nesta ponte colocanse os putos, si, os putos, para venderse a mulleres (non é necesario que haxa sexo). Visten traxes e peinados estravagantes (tas da montaña) e creo que hai centos deles (mesmo teñen anuncios). Probo o takoyaki, a comida típica da cidade. Son unhas boliñas de polvo con unha masa por fora de non sei que e con un mollo tamén estrañisimo pero que saben a dios (se lle puidesemos quitar a salsa esa).
Regreso a Umeda no metro (230 iens), volto coller o tren (esta vez por 340 iens porque compro o billete nunha tenda en lugar de nunha máquina e o prezo te sae máis barato -tamén tes que esperar uns 10 minutos-).
No tren imito a todo o mundo e vou sonequeando pensando en que teño que regresar a Osaka, subir a algun rañaceo e tirar as típicas fotos.

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Eu para aforrar nunha cámara 50 euros non vou a Osaka nin de puta coña. Non me estraña que haixa tanto puto solto na ponte esa. Insinuaronse contigo, que a ti se che ve a pluma que é unha pasada.

Luís (Téxtil)

10:53 p. m.  
Blogger galegonosolnaciente said...

Menos mal que non pasaches ti por ai porque senon deixanche o cu como a bandeira de xapon, co burato do medio todo vermello. Hehehe, para maricas estas ti, o unico home de todos os carrefurs do mundo mundial que se adica a vender trapitos de muller. Peaso gallonazo que estas feito.
Ah, xa che enviarei algunha foto dos putos, quen sabe, quizais te animas a...

10:07 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home