martes, abril 11, 2006



Aqui temos duas vistas de Osaka que ben a poden definir, os rañaceos (no meio dos canais, canais que por certo teñen o triste recor de ser os mais contaminados do mundo, con metro e meio de detritos no fondo e un nivel de dioxinas 5000 veces superior ao aceptabel. Ainda asi, hai peña que ten o "valor" de tirarse a el para celebrar as victorias do Hanshin (os tigres de Osaka). Sen dubida triste copia da nosa fonte de 4 Camiños).A outra parte da cidade é a zona comercial onde todo o que nos poidamos imaxinar, todo (menos a luisito textil ligando con unha moza porque todos sabemos da sua fraqueza polos gayolos) o podemos atopar.
As ruas sonvos estreitas para a cantidade de xente que se move por elas. Mulleres e mais mulleres con esteticas de todo tipo, lolitas, new lolitas, goticas, chics, pseudogoticas, juanis, topmodels a camiñar tortas, raperos, hippies, gothic lolitas (e non é carnaval!) xentes e mais xentes(mulleres) a formar esa fauna eclectica que chama tanto a atencion. Sen dubida o mellor de Osaka e dá pa unhas risas.

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

iago,estarás agora xa mais tranquilo pois colles ven o tranganillo.Ainda non conectaste co alguen de aiqui. Irenexa che contestou.Tua nai xa leu todo do blog pois o imprimimos.Xa falarás a algo en xapones e seguro que algunha rapazas preguntaranche algo e as amigas de maiko tamen.

12:18 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home