sábado, abril 29, 2006

ENCHENTA. Onte foi a primeira enchenta en Xapon. Fun cear a un restaurante deses nos que pagas unha cantidade e podes comer todo o que queiras, a fartar. Ata aqui todo normal, mais existian dous matices. So tiñamos unha hora e media para comer e a comida tiñas que grellala ti. O sistema é mais simple do que podemos imaxinar. No meio da mesa hai unha minigrella e serven bandexas de lulas, carne de porco, vaca, polo, hamburguesas, criollos, de todo e mais. A cousa é que como por estas terras niponicas haiche pouca carne e esta resulta carisima, pois o que aqui escrebe parecia recen saido dunha illa deserta, en plan canibal, engulia a carne como leon solto en xaula de impalas. Ala, veña a asar petiscos e mais petiscos de deliciosisima carne. Aqui chamanlle yaquinicu, e o sistema ven da corea. A min como se viña de Kuala Lumpur (musulman), eu veña a darlle a mandibulas. O bandullo foi enchendo e o primeiro sinal de alarma foi cando tiven que desabrochar o primeiro boton do pantalon. E dalle, e veña, e pin pan pin pan mais carne, e xa en plan Homer Simpson, ata reventar e rematar por abrir o segundo boton. Enton, xa decidin que comera de máis, era hora de coller a bici e voltar para casa.

miércoles, abril 26, 2006




ARQUITECTURA FUTURISTA. Ben é sabido que Kyoto é cidade de vellas costumes, inzada de templos, santuarios, xardins e bairros antigos. Aqui conservase a antiga cultura citadina, ainda se poden observar gheisas ou maikos polas ruas. Todo iso contrasta co incipiente desenvolvemento do pais, con todo cheo de estradas e vias do tren. Edificios modernos en plan star wars ou Buck Rogers (que recordos, que seria de tuiki?). Aqui algunha mostra do citado, a futurista estacion de Kyoto (con tren shinkansen incluida) e o bairro antigo de Gion (se lle quitades a furgo parece de hai tres seculos).



UN TRABALLANDO E SEIS MIRANDO. Todos falamos de que en Xapon hai moito diñeiro, que case non hai paro, que é facil conseguir un primeiro emprego. Correcto. Todos falamos de que os xaponeses traballan como "chinos", que estan de sol a sol dando o callo, que teñen unha alta rendibilidade. Incorrecto. En Xapon, igual que noutros lugares, traballar, vaise a traballar. Outra cousa é o que se fai no lugar de traballo. Non hai dúbida de q os xapos son os primeiros q se quedan na oficina se hai que facer horas extras (non remuneradas) e que se tiran meia vida indo e vindo do curro (teñen poucas e breves vacacions, non como os estudantes, que vidorra estes). Pero semella que xapon vive nunha burbulla que está a piques de estoupar. Todo está perfeitamente engranado segundo o seu sistema, todo funciona de maravilla, pero basta unha pequena mudanza e todo pode ir ao garate(ver crise vivida nos 80 principios dos 90).De aí que sexan tan reticentes ao estranxeiro. Viven felices tal como son, sen ansia de cambiar costumes quizais para nós un tanto idosas.
En calquer tenda, o numero de empregadAs supera case en numero ao de clientes. Pequenas tendas de roupa con apenas 40 metros cadrados contan con cinco ou seis rapazas disposta a atenderlle no mais minimo detalle (ou non, ou eu que sei).
Os exemplos do traballo os vedes na foto. Non sei se é por lei ou por uniformar a todo o personal, mais en Xapon, en toda obra ou garaxe de hiper, super ou minimerceria que haxa, hai da orde de 2 a 6 individuos vestidos de capitangeneral ou de primeiracomuñon, en plan jefe, dirixindo o trafico nun radio escaso de 8 metros cadrados. Ai os vedes, currando, mirando aos que curran, e amosando a toda a xente a superlativa educacion xaponesa (dan os bos dias e se te ven cunha bolsa enseguida soltan o Domoarigatogozaimasu pola suposta compra realizada). Velaí a ardua tarefa realizada, ata seis uniformados e veteranos homes contei eu, dirixindo OLLO, a entrada dun misero garaxe de grande superficie comercial.


VERBENERO. Alá vou eu cos colegas de clase, en plena noite de Kyoto, findesemana, vernes noite na tua casa ou no coche, sorprendenos a pouca xente que hai (quizais polo grande da cidade ou polo noso descoñecemento siderurxico, petroquimico e de onde están os lugares de lenocinio, cuchipandeo, copeteo e demais -ben é certo q os primeiros é facil de encontralos pola sua exuberante proficuidade-). Entramos en salas de maquinas, grandes como todo o Orzan; xente a xogar coa música movendo as mans ao ritmo. Velocidade infernal dificil de seguir cos ollos e iso que so caera unha cervexa -no chan, o resto xa ia dentro-. Metemonos nun bar de "Soca", usease, o futbol daqui. E ali nos poñemos os suecos e eu a ver en diferidisimo o partido do Barca contra o Milan. Baixan algunha cervexa mais, sake e sake (os amigos do etilico e metilico q preparen o peto. A cervexa no super ou no combini (24horas) vai sobre os 2 euros e nos bares entre 3 e 4. O estraño e q o juisky é carisimo pero xa teño fichado algunha garrafa de bacardi a prezo de galicia). Pasa a noite, o ingles nos comunica e tamen nos afasta de xapon, entramos en garitos enanos e "dame dame", noso sinal de retirada. Meia volta e pa casa, alguns mais contentes que outros. Eu como sempre, ben.



BAÑOS. Non sei se xa escoitalles algo da tecnoloxia dos baños do Xapon. Hai q recoñecer que haber a hai. Os retretes teñen calefaccion, ar para airear o noso chernobil particular (20 Aniversario), papel que non falte(1), limpeza hidraulica para quen goste (chorros directos ao esfinter. Hai Toñin, como ias gostar!), 16 valvulas, gps, turbocarburador a base de aceitedericino, bueno, a caña. Todo isto contrasta cunha porcentaxe elevada (un estudo propedeutico do asunto fala sobre un 40%) de baños nos que ainda non vos hai onde pousar o pandeiro e nos que a hixiene e o recato brillan pola sua ausencia. Vivedios que eu fóra da casa non apoio o cu na troneira nen fartodegrifa pero a cousa evos coñona, aí veña a facer cuadriceps, a cagar de campo (q ben senta). Como teñas diarrea a cagache, e nunca mellor dito. Nas miñas poucas pero gratas experiencias por urinarios, mexadeiros, toiletes, etc, puiden tirar algunhas fotos como as arriba presentadas. A primeira tratase dun meadeiro normal mais a cousa está en que non ten porta e a foto a saquei desde a porta do servizo de mulleres. Nas outras a coña é que se trata do mais luxoso centro comercial de Kyoto, e ali quedou manola inmortalizada Antes e Despues ou ao reves (haberá algun cocho que utilize o zoom para vela mellor).
PERDIDO. Meus amigos e meus señores (e elas tamen se dean por aludidadas -xenerico?-). Haivos ben de tempo q non vos escrebia, pero é que estiven perdido. Pois si, regresaba eu a miña "casa" a iso das 9.30 da noite. Viña da International Jause de Kyoto, de recibir unha barata clase de nihongo. Era xa noite fecha (aqui é noite fecha as 7.30 e a iso das 9 xa so quedan os gatos pola rua. So o finde se estende a cousa ate as 1 ou 2 pero iso é para verbeneros, gambiteros y que gustan de queridas. Dicia que voltaba de clase, parara cear algo nun fastfood hiperbarato xapones (comida feita de legumes, patacas e ovos mais bebida: 2.5 euros). Enchegandome a casa decido abreviar o camiño (xa levaba 30 minutos de bici e dandolle candela) e resulta que me perdo. Todos saberan das miñas dotes innatas para a orientacion (aí esta Alvaro e o meu irman -sexto no campionato galego de orientacion- para certificalo). Pois si, perdo o camiño e enredome mais e mais, voltas a mazas por triplicado, todas as ruas iguais, cuadriculadas, vecindarios eternos de casas similares e ainda por riba, que en Xapon apenas hai luz na rua. E dalle e veña, e pin pan pin pan coa bici. E é que cando un está perdido parece que o tempo vai voando pero a realidade é que despois de pasar tres veces pola mesma comisaria, atopeime o meu cubil case 3 horas despois de que tivera saido, e en BICI. Botadelle os quilometros pero os q me coñecen saben que non son dos domingueros que van paseando. Non, aqui pin pan pin pan. Fundido e derrotado cheguei por fin a casa.

jueves, abril 20, 2006



Notase por todos lados que chegou a Primavera. Isto non vos e igual que en Galicia, onde todo o ano vivimos a mesma estacion. Aqui as diferencias son enormes o podemos experimentar claramente os ciclos naturais da vida.

martes, abril 18, 2006







Toris e a harmonia do ser humano coa natureza. Os xardins zen, onde os japos divirtense xogando ou relaxandose coa area. Todo un simbolo de como entendian antigamente a vida e de como agora a perderon.





DE EXCURSION. Que buenas son,las monjas carmelitas, que buenas son que nos llevan de excursion. E asi, alguns colegas da clase mais eu comezamos a excursion en bici pola "Via da filosofia". Saimos as 8 da maña para acabar a 1 da tarde, rematamos co cu rebentado de tanta jitensha (bici). A ruta comeza por Ginkakuji (ou o templo de prata), vai ao Honen in, e percorre diversos lugares de culto sintoistas e budistas. O grupo é do mais variopinto: un indonesio, un galego, un israeli e dous suecos. Observamos como a primavera está a chegar, como as flores pintan de beleza os lugares xa de por si belos, como a alegria do sol coloca sorrisos nas nosas caras. Enfin, que o pasei de medo, facendo o monas e comprobando a diferencia que existe entre culturas e como o idioma nunca é obstaculo cando hai boas e verdadeiras intencions de comunicarse.

domingo, abril 16, 2006


PARA OS QUE ENTENDEN. Omega 3 tamén en Xapon. Aqui me tedes en plena actividade terrorista, podando o xardin de un amigo. A verdade é que me pasei de frenada e acabei empotrando o meu veiculo de superficie contra un muro. Alvaro, que tamen entende destas cousas, saberá o dificil que é pilotar viaturas oruga. Continuo a saga e para quen non entenda que é iso de Omega 3 remitoo as fotos do grupo terrorista que teño no ringo

SUSHI. Hoxe fun a cear a un restaurante de sushi. A cousa evos curiosa. Unha cinta transportadora fai pasar os pratos e ti vas collendo o que te apetece. Ao final tes que pagar a cantidade de pratos que consumas. Para que vos fagades unha idea, cada prato custa 105 iens que ao cambio saen 85 centimos de euro. Asequible. Ademais, se hai algun sushi que non estexa a xirar nese momento ou se non vos gusta o wasabi (os pementos de padron quedanse curtos ao lado deste condimento. Para que carallo o porán, queren vernos chorar?) como é o meu caso, cada mesa ten un microfono para comunicarse coa cociña. Estes japos están en todo.

sábado, abril 15, 2006




HAKA, CEMENTERIOS. Todos sabedes da miña incipiente necrofilia, sobre todo no tocante a eses lugares máxicos e de dubidoso gusto que son os cementerios. Normalmente me gusta ver como son estes lugares de tránsito ou de corrupcion (segundo as crenzas) nas diferentes culturas. Asi, nas miñas pequenas viaxes a Marrocos ou por España sempre estiven interesado en achegarme a ver como eran os seus respectivos nichos. Non sei se isto ocorre por casualidade ou hai algo no subcosciente que nos guia, pero a verdade é que so ou acompañado sempre acabei topando con algunha necrópolis (desde entradas con nocturnidade no de Orillamar a neboentas travesias con restos humanos e osos no meio do Camiño de Santiago).
Cando estaba a vivir en Portugal, aos que se achegaban a visitarme para que lles ensinara o lugar, sempre acababa levandoos ao cemiterio. Ali observaban a morbosidade portuguesa por ensinar fotos do finado e ter o cadaleito á vista do personal. Pervertidos!.
En Xapon sorprendeme o pouco trato que se lles dá ou se cadra o pouco gosto que teñen por eles. Non sei se por falto de espazo ou por xuntar alfa e omega, principio e fin, entrada e saida, os cemiterios atopanse moitas veces no meio da cidade, entre enormes edificios. O contacto con esa outra dimension é inevitabel e a min remiteme a esa idea romantica e neboenta que tiñan os de antano mentres que á xente de aqui provocalles indiferencia e algo de medo.
NA FOTO CEMITERIO QUE SE VE DESDE A XANELA DA MIÑA AULA E TAMEN O ALFA E O OMEGA, AS PORTAS DA OUTRA PARTE.

viernes, abril 14, 2006


SAKURA




SAKURA. Alá vamos meu colega de clase Hegel e Odia, a yanki. Entramos os tres no Maruyama Park para ver o que se coce na noite. Todo é como na España, festa, risa, trasteo, mais trasteo, comida, alcool, moito alcool, mais alcool, mais mulleres, todos de festa e viva a vida. O resultado é obvio, entramos tres e saimos seis, felices e contentos, distorsionados por psicotropicos etílicos metanolicos (bendito sake e bendito derivado da cervexa -vivedios que non sei que carallo era aquilo, pero beber bebiase-). (Inciso 1: Papa e mama, isto é todo broma, so para que os meus amigos pensen mal, a verdade é que ali era todo formalidade e o maximo que se bebia era mosto).

SAKURA, Preparacion da festa
SAKURA. Estamos no tempo da Primavera e todos sabemos o que iso significa, a vida, a fertilidade, a reproducion, o sexo, a semente, o nacemento, o cambio de etapa, do caos ao cosmos, á cosmetica, á orde natural das cousas, da inmundicia do inverno ao Mundo (mundo etimoloxicamente significa limpeza, orde). Por iso comezo dicindo que Iago é tio por primeira vez, o meu irman tivo un filliño chamado Paulo, chega un xoves santo, dia máxico, de reflexion onde a nosa cultura cristiá (sexamos ou non crentes) debe reflexionar e redimir os pecados, do frenesi do carnaval, do culto a baco e ao Priapo, ao sexo ante a iminente chegada da Primavera, pasamos á cuaresma e á semana santa, onde a humanidade reflexiona sobre os seus pecados e sobre que queremos facer da nosa vida. Paulo faime feliz e faime reflexionar sobre que queremos facer connosco, coas nosas vidas, e que queremos facer do futuro, do noso e do del. Reflexion, recapacitacion e redencion, para que o que fixemos mal non volta ocorrer, para o que soñamos e non facemos suceda, para ser bos, para ser mellores, para chegar á virtude e que el o vexa, que el o sinta, e que a nova vida da Primavera alegre a nosa efimera estancia (efimera para alguns, eu serei eterno, seino) e vexamos as flores e a vida coas cores que ela nos regala.
Sakura en xapon é quizais a festa mais importante. Tratase da celebracion do abrochar das flores pero en especial do hanami a flor da cerdeira (cerezo) e tamen das cirolas. As árbores fan unha paisaxe de cores onde o branco é predominante remitindonos outra vez a un inverno que sabemos xa foi ido. Na festa do sakura, a xente de aqui reunese coas suas familias e fai algo asi como unha romaxe, festas no campo onde comen e sobre todo beben embaixo destas espectaculares arbores (para que?, sen dubida que antigamente era para trincar, agora é mais facil).
A xente feliz, acelerada polo alcool recordame a miña terra e faime sentir como alá, todos unidos, en paz e de festa. NAS FOTOS TEMOS A PREPARACION DA FESTA, A NOITE MÁXICA DE PALABRAS, AMIGOS, COMIDA E ALCOOL E COMO ESTE TRASTORNA A NOSA OLLADA E AS VECES NOS FAI MAIS FELICES (estamos Hegel de alemáña, Odia, a yanki, Iago o galego, Sachiko, Andrew e Chisa)

martes, abril 11, 2006



Callejuelas tamaño japo e o embaixador galego ou español por excelencia. Vos mesmos.


Aqui temos duas vistas de Osaka que ben a poden definir, os rañaceos (no meio dos canais, canais que por certo teñen o triste recor de ser os mais contaminados do mundo, con metro e meio de detritos no fondo e un nivel de dioxinas 5000 veces superior ao aceptabel. Ainda asi, hai peña que ten o "valor" de tirarse a el para celebrar as victorias do Hanshin (os tigres de Osaka). Sen dubida triste copia da nosa fonte de 4 Camiños).A outra parte da cidade é a zona comercial onde todo o que nos poidamos imaxinar, todo (menos a luisito textil ligando con unha moza porque todos sabemos da sua fraqueza polos gayolos) o podemos atopar.
As ruas sonvos estreitas para a cantidade de xente que se move por elas. Mulleres e mais mulleres con esteticas de todo tipo, lolitas, new lolitas, goticas, chics, pseudogoticas, juanis, topmodels a camiñar tortas, raperos, hippies, gothic lolitas (e non é carnaval!) xentes e mais xentes(mulleres) a formar esa fauna eclectica que chama tanto a atencion. Sen dubida o mellor de Osaka e dá pa unhas risas.

Castelo de Osaka, no meio de toda a maraña de estradas, vias de tren e metro, tendas tendas, e mais tendas.

viernes, abril 07, 2006

OSAKA. Osaka é a terceira ou segunda cidade de Xapon despois de Tokyo-Yokohama. Unha mole onde perderse é mais facil que encontrarse. E unha cidade industrial, con unha variedade antropoloxica incribel. Antiguedades hai poucas pero toda canta novidade estetica, cibernetica, informatica, automovilistica, ou de calquer ben (ou mal,adepende) de consumo aqui a tedes. Xa coa camara paseo polas ruas da mitica Blade Runner e comprobo que pouco variou, cidade decadente asegun os bairros, chea de vagabundos. En Tennoji encontramonos o barriobaixeirismo de Xapon, cheo de establecementos de dubidosa reputacion (ou como diria Cela: Dudosa!, pero que dice!, se esta ben claro que son unhas putas), xente estrañisima, tenderetes, suxos restaurantes, salas de pachinko por un tubo, zonas de apostas... Un ESpectaculo. En Nipponbashi quedamos que era onde estaba a tecnoloxia, iso e a maior masificacion de Mac Donalds e locais de streaptease que vin eu na miña vida. Na ponte Eibisu, o mesmo centro de Osaka, os prostitutos (impecablemente maqueados) e como non, a apertura de unha nova tenda de, atencion atencion, ZARA.
Desprazome co meu veiculo de traccion animal ao castelo, bonito lugar coas cerdeiras en flor e que contrasta co urbanismo da cidade, cheo de rañaceos e masificacion.
Pero o mellor da urbe, aparte do terrible bullicio e a cantidade de luces, xente, musica, anuncios, tendas, tendas e tendas que hai; o mellor, dicia, é a xente, ou mellor, a estetica da xente. Os homes todos traxeados e en bicicletas circenses, as mulleres impresionantes, de todos os gustos e as cores (nunca mellor dito). Lastima non ter bateria na camara para esta parte pero, tranquilos, o apartado das mulleres chegara, haxa paciencia.



O PRIMEIRO MONTE. O meu primeiro contacto coa montaña foi o monte Hiei, ao lado de Kyoto. En teoria desde a cima se divisaria todo o val de Kyoto e ao outro lado o lago Biwa. A practica foi outra, con toda a luz e o smog (contaminacion)que hai, a penas podia ver abaixo do val, unha pena.
A excursion comeza na miña casa, vou en bici uns 15 km, guiandome cuns supermapas escritos en kanjis (un dos tres tipos de letras que hai en Xapon. O hiragana e o katakana serian os alfabetos, ate ai chego, os kankis son mais de 60000 e son a cousa mais complicada do mundo)co cal, no caso de perderme un centimetro do mapa , alá vai a excursion ao carallo. Despois de aparcar a bici nun descampado, comezo a subir por onde me leva o instinto ou os collons, to dereito pa riba. Asi, a matacaballo me papo 700 m de desnivel en apenas 2 horas, ao animal. No meio da subida noto por primeira vez esa humidade (non pensedes mal, cacho porcos) que te abafa e te deixa tan cansado. Escoito o son dunha frauta e penso que son imaxinacions, quen carallo vai tocar por estes lares, un elfo ou un dos Ricardo Reis coidando das cabras e facendo composicions bucolico-pastorís. Chego a uns telesféricos e descubro como está de civilizada, urbanizada, privatizada e masificada a montaña. Unha loucura. Menos mal que eu tiro polas xestas e os sinais de pouco me valen. Asi, guiandome polo grelo e o sucedaneo de mapa que levo, chego a un templo espectacular, ali, no meio das matas, da floresta, incrustado entre toda a tupida vexetacion está a cuna do budismo en Xapon. ENRYAKUJI. Xunto co Koya e o Osore, son as tres montañas sagradas por excelencia. Sen comelo nen bebelo acabo nun lugar mitico. Sorte ou o sino.

martes, abril 04, 2006


A miña verdadeira e unica (a espera de que chegue a miña, a super, o producto español)

A segunda

A miña primeira bici.

domingo, abril 02, 2006

CAMARA DIXITAL. Onte tocou voltar a Osaka. Non é que en Kyoto non haxa cámaras pero creo que en Osaka hai un bairro que é como o Akihabara tokiense, onde podes encontrar toda a tecnoloxia do mundo e a prezos asequíbeis. O difícil é chegar aqui.
Collo un tren en Nishikyogoku. O Hankyu (nome deste tren) custa 390 iens (mais ou menos 3 euros) para unha viaxe de 40 quilometros. Chegados a estacion de Umeda, en Osaka, descubro horrorizado o difícil de viaxar en Xapon se non controlas o idioma. Joé, isto é enorme. O underground é quilometrico e con centos de entradas e saidas. Aqui abaixo resulta imposible orientarse. Hai desviacións, tendas, centros comerciais, todo como metido embaixo da terra. Conseguimos sair e nos diriximos a pe ate Namba, a zona mais comercial. Pergunto para ir a pe até aqui e a peña fica flipada "Aruite!!!!" (que se pode traducir como "A pé!, ti estas jamado). Pois vamos andando pola cidade de Blade Runner, todo futurismo, autoestradas, rañaceos, xente con estéticas de todo tipo (que chavalas!) (En breve escreberei sobre as diferentes tribus, incluindo fotos) e comidas e luces e sons que non deixan pensar con claridade. En Namba está Nipponbashi, a rua da electronica (e cerca a da perversión e o sexo). Entramos en centos de tendas e centros comerciais. Recomendo mellor ir a unhas tendas mais "pequenas" de tres ou catro pisos e con duty free. Aqui hai mais diferenzas de prezos que nas grandes superficies. Despois de buscar moito e comparar prezos (podes aforrar entre un cuarto e un terzo), decidome por unha. O fulano da tenda non mo quere vender porque é a última da tenda e tería que levar a de exposición. Eu insisto porque está case a metade de prezo e vou aforrar case 80 euros con respeito a España. O tipo que non, a ensinarme outras e dicir que Fuji é mellor ou eu que sei. Ao fin, e sen utilizar a frase "benkyou shite kudasai" que en xapones significa "estude por favor" pero que en Osaka e neste contexto significa "baixamo prezo oh", consiguo levar a camara que tiña un prezo inicial de 29800 iens por 23500 (175 euros mais ou menos). O mesmo modelo en España custa 250.
Xa teño camara pero estou cansadisimo. Tantas tendas e estimulos deixanme valdado. Camiño pola rua para coller o metro de regreso a Umeda. Primeiro visito a ponte de Ebisu, famosa en Osaka e que está petada de xente (Todo está petado de xente, resulta difícil camiñar). Nesta ponte colocanse os putos, si, os putos, para venderse a mulleres (non é necesario que haxa sexo). Visten traxes e peinados estravagantes (tas da montaña) e creo que hai centos deles (mesmo teñen anuncios). Probo o takoyaki, a comida típica da cidade. Son unhas boliñas de polvo con unha masa por fora de non sei que e con un mollo tamén estrañisimo pero que saben a dios (se lle puidesemos quitar a salsa esa).
Regreso a Umeda no metro (230 iens), volto coller o tren (esta vez por 340 iens porque compro o billete nunha tenda en lugar de nunha máquina e o prezo te sae máis barato -tamén tes que esperar uns 10 minutos-).
No tren imito a todo o mundo e vou sonequeando pensando en que teño que regresar a Osaka, subir a algun rañaceo e tirar as típicas fotos.
HORARIOS. Isto por agora é o que máis me ten descontrolado. Ainda non me habituei e o meu corpo está descontrolado, cal adolescente na idade do pavo. Levantome as 5 e pico 6 cando o normal é a iso das 8. Aqui o sol sae cedísimo e se pon tamén antes. Creo que no verán as 9 xa se puxo e a coña e que sae antes das 5. Joé, imaxinate ir a praia as 6 da maña, a almorzar ou de reenganche (non sei con que se pode reenganchar porque aqui a festa ainda non se divisa). Pois iso, que despois de levantarme e como ainda hai moito tempo para que comeze a vida (as tendas e tal abren sobre as 9 ou 10) poñome a escreber e a facer este blog.
Despois de tomar un pobre almorzo, saio por ai, estudo, algo de deporte, e vexo a vida. A comida é outra incognita, podo ter fame tanto as 12 da mañá como as 4 da tarde, polo que todo é unha loucura e espero que pronto se controle porque senón vou tolear.
Os supermercados e centros comerciais fechan as 9 ou 10 e as pequenas ou destinadas a produtos de consumo non tan masiva, a iso das 7, hora na que a xente xa se dedica a voltar a casa e facer as ultimas compras. As 11 ou 12 todo dios pa cama e "hasta mañana a las 8 ...loleilo....e un bizcocho".
BICICLETAS. Isto é o mellor que ten Xapon, toda a peña, casada ou soltera, vella ou nova, pija ou pobre, preñada ou casada, toda a peña sen case distinción vai en bicicleta. É divertido ver a pavos con maletin, traxe e garabata nela, chavalas despanpanantes, con saias curtas e zapatos de agulla, montada nela. Que cousas, e en España ainda en coche (atrasados!). Mentres non me chega a miña, conseguin unha de paseo (aqui son todas asi, de paseo, grandes ou de tamaño reducido e plegable. De montaña ou carretera apenas se ven) e é divertido ir con ela pola cidade. Podes deixala sen medo porque teñen un sistema antirroubo e o único mao é que hai tantas que é difícil encontrar a tua (son todas parecidas) entre as centos que ateigan os parkins (se a deixas nun lugar onde moleste, a policia ven e cha leva, como a grua cos coches mal aparcados. Isto é a caña). En canto poda saco unha foto do meu veiculo de desprazamento terrestre.

sábado, abril 01, 2006

Continuo coas primeiras impresións de Xapon e a chuvia de prezos. Perdoade que insista con isto pero os que me coñecen ben saben o agarrado que son e como me gusta comparar e controlar os presupostos.
A gasolina debe ser máis barata que aqui, como un terzo menos. hai cochazos por todos laos e cochecitos tamén, tipo Arosa mais en estilo xaponés (estes modelos rondan so os 7ooo ou 8000 euros). O coñón e que tunean ata a carraca mais cutre, os camions cheos de luces, os motores a bramar polas duas. A estes individuos, en lugar de chamalos tuneros inclueselles dentro dos mal peinados (pedazo cabeleiras que se gastan) ou bad boys. Ayyyy, canta galleta habia que repartir...
Hoxe, de visita por Kyoto, adiqueime a arrastrarme polo mercado central e as ruas principais. Collin un tren (non metro) que custa sobre 1.50, depende o percorrido. No mercado recordei un poco a Marraquech en canto aos cheiros, as mil cores, a xente e o enxebre do lugar. Como habia mil comidas que nunca xamais vira, adiqueime a tapear por aí, petiscando petiscando acabei nunha especie de bar de comida rápida estilo xaponés, con udon e soba. Aqui a comida é baratísima, comes e bebes (a bebida -te- e sempre gratuita) por menos de 2 euros ou 3 e comida mais ou menos decente. Creo que atopei a miña salvacion e ademais están abertos as 24 horas.
O dos sabores xa é outro tema, cantidade de cousas que saben mal pero non tan mal como para comelas, é unha sensación rara, pero o baixo nivel de calorias acecha o meu corpo e non lle podo dicir non a nada.
Gion é o bairro antigo de Kyoto e un dos máis idosos de Xapón. Aqui é onde estan as maikos (chamadas por nós gheisas) e todo a parafernalia tipicamente xaponesa. Nas cercanias, e para os gambiteros, amigos de verbena e que teñen amante, o barrio putas, con fotos nas cabinas das belezas que aqui se venden. Supoño que iso tamén é turismo de aventura.
En fin, cantidade de cousas que contar e pouco tempo para facelo. En breve comezo coas aventuras e as fotos. Forza