jueves, marzo 30, 2006

THE POLICE. Pois ben, contaballe eu isto ao meu amigo Farsdou cando da nada aparecen dous armarios empotrados da Westfalen ( Ben é certo q entre todas as persoas q ali habia nós eramos od de beleza mais exótica. Mirabannos todos, pingaban elas e soñaban eles cos praderios de Brokeback, en fin, que ante tal panorama, tou convencido que os maderos viñeron a nos máis polo seu desexo amatorio e incontinencia onanística que polo motivo policial).
-Where do you go?
-este, vou , I´m going to...... Osaka.
Eu todo nervoso e o meu amigo tan tranquilo.
Piden o passport e eu que so bebo 100 Pippers (a bebida isotonica que te recupera ao instante), respondo acojonado. Doulles o billete e o par de Heiperman din que falta unha parte.
Joéeeee, venme o mundo abaixo, a miña primeira viaxe longa e xa intimidado, recordando, cos chourizos e a galiña na man a Alfredo Landa no seu Vuelve de Alemania Pepe.
-I only have this. It s an electronic ticket.
O Pantzer me mira e di que todo correcto. Supoño que o meu colega irani o teria mais dificil pero se lle ve tranquilo, xa debia estar acostumado. Vanse os armarios, mirámonos e comezamos a mararnos. Non había ben 2 minutos que falaramos disto e ocorrenos o mesmo. Continuamos a falar de Syriana e Good morning, good luck. Despidome do amigo e metome no paxaro xigante. Os azafatos gays atende con prontitude e sorriso sexmachín. Teño fame e sede, bebo garimbas alemanas e dan comida xaponesa que non me chega nen para unha moa. Menos mal da cervexa, miña amiga da alma e coa que , xunto a toñito, tanto adestrei ultimamente.A viaxe empeza a fartar e chego ao meu destino 36 horas despois de ter saido de coruña.