jueves, marzo 30, 2006

KANSAI. Aterrizo en Xapon, colas, tamén o mesmo tramite policial, con madero tamaño pitufo e con mascarilla na boca. E eu co meu millon de pesetas gardado no peto do pantalon e cosido a máquina pola miña nai para q non se me caera. Ridículo pero é a desconfianza propia do gañáaaaan.
Pareceme mentira que xa estexa aqui, case sen pensalo, dun dia para outro, como quen colle o Calpita pra ir a Perillo. A vida é rara.
A primeira impresión de Xapon e de todo menos boa. Fabricas e mais fabricas, todo máquinas para todo, os billetes, a comida, cajar, ... Os coches polo lado contrario desorientan e o non falar con ninguén me mata.
Unha vez instalado no minicuarto con cagadero xapones incluido, descanso e saio dar unha volta na bici que me axenciei e chego a un super. É a polla! Nada que ver cos nosos, a comida toda diferente e metida en plasticos, todo cheo de cores, produtos que xamais pensei que se puideran comer, bebidas enerxeticas como a cervexa e o sake por todas partes (panda de borrachos, xa vos gustaria eh?). A chuvia de cores fai apetitosa a consumición pero logo está o dos prezos. Isto xa é outro tema: cinco pataquiñas son 2 euros, o leitiño un euro e tal, o pan case que o dobre ou triple, a fruta case que intocable (salvanse as bananas, se nota que é o único fruto do amor). Logo están outros produtos que son todo o contrario, por exemplo, peixe frito, polo frito, cousas rebozadas de imposible calificación e que venden listas para consumir a risible prezo. A roupa é barata e os deportivos máis (e hai gran oferta, lamento terme traido tanta). Mundo aparte é a tecnoloxia. A parte de haber tendas de segunda man, as cousas novas baixan entre un cuarto e un terzo o prezo de España. Ordenador portatil decente: 500 euros; camara dixital mala: 40 euros, boa: 200 euros (en España a mesma vale sobre 300). Os móbiles xa son a ostia pero eu como estou incomunicado paso de miralos.
Esta foi unha primeira impresión dos consumibles xaponeses pero penso enviar fotos con comentarios sobre todo isto, iso si, en canto merque unha camara (vou ir a Osaka mañan para facelo, creo que ali son ainda mais baratas).